O Aeroporto Internacional Rafael Núñez (código IATA: CTG, código OACI: SKCG) atópase en Cartaxena de Indias, Colombia, capital do departamento de Bolívar. É o máis importante da costa Caribe colombiana e o terceiro a nivel nacional en tráfico de pasaxeiros.
O aeroporto atópase ó norte da cidade, exactamente no barrio de Crespo. O seu nome, Rafael Núñez, fai referencia ó expresidente homónimo colombiano, quen escribiu as estrofas do himno nacional de Colombia e quen naceu na cidade.
Dende 1996 é administrado baixo a figura de concesión pola Sociedade Aeroportuaria da Costa S.A. (SACSA), empresa colombiana que conta coa experiencia e tecnoloxía do seu socio operador de España AENA.
Algunhas aeroliñas como: Avianca, Copa Airlines Colombia, Spirit Airlines, Delta Airlines e KLM teñen voos dende este terminal aéreo cara a cidades de Norte, Centro, Suramérica e Europa.
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial
Rafael Nuñez