A movellaDicionario Digalego movella de bico branco ou mobella de bico branco (Gavia adamsii) é unha especie de ave gaviforme da familia Gaviidae que habita no Holártico. É unha ave acuática migratoria que cría no norte de Eurasia e norte de Norteamérica, e pasa o inverno nas costas do Pacífico norte e Escandinavia.
Descrición miniatura|esquerda|Individuo novo. miniatura|esquerda|Adulto en plumaxe de inverno. As movellas son aves acuáticas que adoitan ter un tamaño maior que o dun pato, con plumaxes nas partes superiores con padróns de cor negra con pintas brancas, e as inferiores brancas, aínda que algúns dos seus membros teñen a cabeza e o pescozo grises. As movellas nadan co corpo semimergullado e teñen a cola curta. Teñen as patas curtas e situadas moi atrás e con dedas palmadas, o que as converte en grandes mergulladores, pero fainos torpes en terra. Os seus bicos son rectos e bicudos.
A movella de bico branco en verán posúe unha plumaxe negra nas partes superiores cun denso debuxo de pintas brancas a modo de dameiro, mentres que as súas partes inferiores son brancas, e rodeando o seu pescozo presenta unha banda de finas liñas brancas e negras, a modo de colar incompleto por detrás. Caracterízase polo seu bico lixeiramente curvado cara a arriba e de tonalidade branca ou amarelada, que o diferencia do resto de movellas. Mide uns 80 cm de longo e 130 cm de envergadura. En inverno as súas partes superiores vólvense de cor cincenta e a súa gorxa e pescozo vólvense brancos como o resto das partes inferiores.
Taxonomía e etimoloxía
A movella de bico branco é unha das cinco especies do xénero Gavia, o único xénero da familia Gaviidae e a orde Gaviiformes.Peterson, A. P. Zoonomen. Zoological Nomenclature Resource - Gaviiformes A movella de bico branco foi descrita cientificamente polo zoólogo inglés George Robert Gray en 1859, co nome de Colymbus adamsii. Durante moito tempo estivo clasificada, como o resto da súa familia, xunto aos mergullóns na orde Colymbiformes. Cando se invalidou o xénero Colymbus e se separaron os colimbos dos mergullóns en dúas ordes distintas, Gaviiformes e Podicipediformes respectivamente, os seus integrantes trasladáronse ao xénero Gavia, proposto por Johann Reinhold Forster en 1788. Non se recoñecen subespecies da movella de bico branco malia a súa ampla distribución.Frank Gill e David Donsker. Loons, penguins, petrels. IOC World Bird List versión 5.4. Está estreitamente emparentada coa movella grande.
O nome do xénero, Gavia, é un termo latino que designaba unha ave mariña non identificada,Jobling, James A. (2010). The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. Londres: Christopher Helm. p. 171. ISBN 978-1-4081-2501-4. mentres que o seu nome específico, adamsii significa 'de Adams', en honra do médico naval e naturalista inglés Edward Adams, que en varias viaxes polo ártico debuxou e recolleu exemplares desta especie e moitas outras.
Distribución e hábitat
A movella de bico branco é unha especie que cría principalmente nas costas do Ártico, chegando ata o paralelo 78° N, e pasa o inverno nas augas costeiras do Pacífico norte e do noroeste de Noruega. A súa zona de cría rexístrase en Rusia, Canadá e Estados Unidos. Aínda que pasa o inverno principalmente ao norte do paralelo 50° N, a súa área de invernada esténdese cara ao sur ata o paralelo 35° N nas costas do Xapón, e observouse como divagante en máis de 20 países, incluídos algúns tan ao sur como México e España.
Comportamento Alimentación
Aliméntase principalmente de peixes, aínda que tamén come crustáceos, moluscos e anélidos. Atrapa as súas presas mergullándose.
Reprodución Como os demais colimbos forma parellas duradeiras. Aínda que prefire as charcas e lagos de auga doce da tundra, a movella de bico branco tamén cría nos ríos, estuarios e costas baixas do ártico. En xeral evita as zonas forestais. A época de cría adoita empezar en xuño, aínda que depende da época na que se produza o desxeo primaveral. Como os demais membros da súa familia esta movella aniña preto da beira da auga. A cópula ten lugar en terra, sen un cortexo complexo. A femia adoita poñer dous ovos. Durante a época de cría a parella defende un territorio grande dos intrusos, aínda que máis adiante poden unirse a outros individuos nos puntos de boa pesca.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas
Categoría:Gaviformes Categoría:Animais descritos en 1859