José Varela Puentes, finado en Vilamateo (Vilarmaior) o 26 de xullo de 1980,Necrolóxica en La Voz de Galicia, 27-7-1980, p. 40. foi un político galego.

Traxectoria Militante do Partido Galeguista. Co triunfo da Fronte Popular en febreiro de 1936 foi nomeado presidente da xestora de Vilarmaior que quedou constituída o 23 de maio de 1936.El Pueblo Gallego, 29-5-1936, p. 13. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu e permaneceu agochado até 1941. Nese ano conseguiu reintegrarse á vida normal. Despois foi enlace da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia, sendo o número tres da organización estruturada por Francisco Rey Balbís "Moncho", e dedicándose a conseguir armas a través de compañeiros empregados na Fábrica de Armas da Coruña. Foi detido en 1951, e saíu da cadea en 1967. Finou en Vilamateo con 88 anos.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Alcaldes de Vilarmaior Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Finados en 1980 Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia