Ángeles Blancas Gulín, nada en Múnic (Alemaña) en 1966, é unha soprano española.
Traxectoria Ángeles Blancas naceu na cidade alemá de Múnic, filla da soprano galega Ángeles Gulín e o barítono Antonio Blancas Laplaza. Completou os seus estudos de canto na Escola Superior de Canto de Madrid. En 1994 fixo o seu debut operístico interpretando o papel de Königin der Nacht (A Raíña da Noite) da ópera de Wolfgang Amadeus Mozart Die Zauberflöte no Teatro de la Zarzuela de Madrid.
Repertorio O repertorio operístico de Ángeles Blancas Gulín, por esixencias vocais, foi variando dende os seus inicios na ópera, cantando nos seus inicios obras de Donizetti, Bellini ou Mozart. Con todo, o interese da soprano estaba noutro repertorio, como Strauss ou Wagner, dirixindo a súa carreira a ese tipo de ópera. O seu repertorio operístico inclúe as seguintes personaxes:
Repertorio operísticoPersonaxeTítuloCompositor Ellen Orford Peter Grimes Britten Governess The Turn of the Screw Britten Wally La Wally Catalani Médée Médée Luigi Cherubini Salud La vida breve Falla Magdalena Andrea Chénier Giordano Kostelnička Jenůfa Janáček Emilia Marty Věc Makropulos Janáček Káťa Káťa Kabanováv Janáček Santuzza Cavalleria rusticana Mascagni Elle La Voix humaine Francis Poulenc Minnie La fanciulla del West Puccini Floria Tosca Tosca || Puccini |- | Suor Angelica || Suor Angelica || Puccini |- | Giorgetta || Il tabarro || Puccini |- | Cio-Cio San || Madama Butterfly || Puccini |- | Lou || Lou Salome || Sinopoli |- | Salome || Salome || Strauss |- | Condesa Madeleine || Capriccio || Strauss |- | Lady Macbeth || Macbeth || Verdi |- | Isabel de Valois || Don Carlos || Verdi |- | Helena || Les vêpres siciliennes || Verdi |- | Amelia || Un ballo in maschera || Verdi |- | Kundry || Parsifal || Wagner |- | Venus || Tannhäuser || Wagner |- | Isolde || Tristan und Isolde'' Wagner
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial de Ángeles Blancas Gulín
Categoría:Nados en Múnic Categoría:Sopranos de España Categoría:Nados en 1965