Ricardo Dorado Janeiro, nado na Coruña o 7 de febreiro de 1907, e finado en Madrid o 28 de outubro de 1988, foi un compositor galego.

Traxectoria Comezou a estudar música na Coruña, a súa cidade natal. Trasladouse posteriormente a Madrid, onde exerceu como músico militar. Pasou polo Rexemento Zamora e despois polo Rexemento Inmemorial. Pertenceu ó Corpo de Directores Militares.Biografía de Ricardo Dorado en el Blog Música tras el paso Estudou con mestres do talle de Joaquín Turina e Manuel de Falla. Nos últimos anos da súa carreira adicouse principalmente á ensinanza a a composición.

Obra A súa obra é profusa e variada. Cultivou principalmente a música para banda creando numerosos pasodobres, marchas militares e marchas procesionais. Amén realizou varias bandas sonoras e revistas. É principalmente recordado pola súa marcha lenta Mater Mea que se interpreta con asiduidade en España en Semana Santa.

Óperas La Gitanilla Sainetes Los ases del barrio Marchas Militares San Marcial San Quintín Regimiento Inmemorial Proa a la Mar La Legión del Aire (Los Paracaidistas) Himno del Ejército del Aire El Coronel

Marchas Procesionais La Piedad (1929) Getsemaní (1960) Mater Mea (1962) Cordero de Dios(1964) Altare Dei (1969) Hosanna (1969) Dominus Tecum Pax vobis Marcha fúnebre de Sors Chopín Dona Nobis Pacen El Buen Pastor Gloria al Señor Ora pro Nobis Oremos Tras el Calvario Santos Lugares

Pasodobres Lucerito de Triana Fiesta en Sevilla El Tío Caniyitas Festa na aldea (pasodobre galego)

Revistas Todo para las mujeres Los celos de la Sole Bandas sonoras Historia de la Fiesta (Mariano Ozores, 1965)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Web Patrimonio Musical

Categoría:Militares de Galicia Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1907 Categoría:Finados en 1988 Categoría:Compositores de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes