O gavial (Gavialis gangeticus), ás veces chamado na literatura gavial do Ganxes ou indio, é unha especie de crocodiliano da familia Gavialidae, e única especie viva do seu xénero, nativa da parte norte do subcontinente indio. A poboación silvestre global de gaviais estímase en tan só 235 individuos, que están ameazados pola perda dos hábitats de ribeira dos ríos, a diminución dos recursos de peixes e por quedar atrapados nas redes de pesca. Como a súa poboación diminuíu drasticamente nos últimos 70 anos, o gavial está hoxe considerado unha especie en perigo crítico na Lista vermella da IUCN.
O gavial é un dos crocodilianos vivos máis longos, xa que chega a medir ata 6,25 m, aínda que este é o límite extremo superior, e un adulto medio adoita medir de 3,5 a 4,.5 m de lonxitude. Ten 110 dentes afiados e interdixitados no seu longo fociño, e está ben adaptado para capturar peixes, que son a súa dieta principal. O macho ten unha protuberancia distintiva ao final do morro, que lembra un pote de barro coñecido en hindi como ghara.
Os gaviais antes habitaban en todos os sistemas fluviais principais do subcontinente Indio, desde o río Irauadi ao leste ao río Indo ao oeste. As súas áreas de distribución están agora limitadas a só un 2% da súa área anterior. Habitan nos grandes ríos de ribeiras areosas que usan para tomar o sol e construír os niños. Xeralmente aparéanse na estación fría. As crías eclosionan antes do comezo do monzón.
O gavial é un dos tres crocodilianos nativos da India; os outros dous son o crocodilo das marismas (Crocodylus palustris) e o crocodilo de auga salgada (Crocodylus porosus).Choudhury, B.C. (ed.) (2006). West Asia Regional Report . Crocodile Specialist Group Steering Committee Meeting, 19 June 2006.
Características
miniatura|esquerda|Primeiro plano da protuberancia dun macho de gavial miniatura|esquerda|Macho de gavial no Madras Crocodile Bank Trust miniatura|esquerda|Esqueleto de gavial O gavial caracterízase polas súas mandíbulas extremadamente longas e finas, que se considera son unha adaptación a unha dieta predominantemente piscívora. Os machos chegan aos 6 m de lonxitude cun peso medio duns 160 kg.Stevenson, C. and Whitaker, R. (2010). Gharial Gavialis gangeticus pp. 139–143 in: Manolis, S. C. and C. Stevenson. (eds.) Crocodiles. Status Survey and Conservation Action Plan. Third Edition. Crocodile Specialist Group, Darwin.
Son de cor oliva claro ou escuro na parte superior con bandas transversais escuras e manchas na cabeza, corpo e cola. As superficies dorsais fanse máis escuras, case negras agrisadas, a aproximadamente os 20 anos de idade. As superficies ventrais son brancas amareladas. Os xoves son de cor oliva clara, con manchas marróns escuras ou bandas transversais. O pescozo é alongado e groso. As cristas dorsais están máis ou menos restrinxidas ás rexións medias do dorso. Os dedos son extremadamente curtos e cunha ampla membrana interdixital. Os machos desenvolven unha protuberancia nasal oca no extremo do fociño cando chegan á madurez sexual.Brazaitis, P. (2001). A Guide to the Identification of the Living Species of Crocodilians. Science Resource Center, Wildlife Conservation Society Esta protuberancia semella un pote de barro local chamado 'ghara'. Os gaviais son os únicos crocodilos existente cun dimorfismo sexual visible. Aínda que a función desta protuberancia nasal non se coñece, aparentemente úsana como indicador visual do sexo, como resoador de sons emitidos polo animal, ou para producir burbulleos ou outros comportamentos asociados co sexo.
O tamaño medio dos gaviais maduros é de 3,5 a 4,5 m. O récord de lonxitude é de 6,25 m, e o peso maior rexistrado foi de 977 kg. As crías miden aproximadamente 37 cm. Os gaviais poden chegar á lonxitude de 1 m en 18 meses. O peso medio corporal está entre 159 e 250 kg. Os machos alcanzan comunmente unha lonxitude total de 3 a 5 m, mentres que as femias son menores e miden de 2,7 a 3,75 m.GCA (2009). Gharial biology . Gharial Conservation Alliance
A diminución actual do número de individuos está acompañada dunha diminución do seu tamaño. Os tres espécimes máis longos dos que se informou eran un individuo de 6,5 m matado en 1920 no río Gogra de Faizabad, outro de 6,3-m matado a tiros no río Cheko de Jalpaiguri en 1934, e un exemplar xigante de 7 m cazado no río Koshi no norte de Bihar en 1924. Aínda que os espécimes de máis de 6 m non eran raros no pasado, individuos dese tamaño xa non existen hoxe en día.Wood, G. L. (ed.) (1983). The Guinness Book of Animal Facts and Feats. Sterling Pub. Co Inc. ISBN 978-0-85112-235-9
O estreito e alongado fociño ten 110 dentes agudos e interdixitados, que se fan proporcionalmente máis curtos e grosos a medida que o animal se fai vello. En cada lado ten de 27 a 29 dentes superiores e 25 our 26 inferiores. Estes dentes non encaixan en espazos interdentais; o primeiro, segundo e terceiro dentes mandibulares encaixan en amosegas da mandíbula superior. Os dentes da parte anterior son máis grandes. O fociño é estreito e longo, cunha dilatación no extremo dos ósos nasais, que son comparativamente curtos e están moi separados dos premaxilares. A abertura nasal do gavial é menor que a fosa supratemporal. A marxe antero-inferior da órbita (xugal) está elevada e a súa sínfise mandibular é extremadamente longa, estendéndose ao 23º e 24º dentes. Unha placa dorsal está formada por catro series lonxitudinais de escudos óseos xustapostos carenados. A lonxitude do fociño é de 3,5 (en adultos) a 5,5 veces (nos xoves) a anchura da base do fociño. Os escudos nucal e dorsal forman unha soa placa continua composta de 21 ou 22 series transversas. Os gaviais teñen unha ringleira externa de escamas lisas ou lixeiramente carenadas ademais de escudos dorsais óseos. Tamén teñen dous pequenos escudos pos-occipitais. As dedas exteriores teñen membrana interdixital ata os seus 2/3, mentres que o dedo medio só ata o seu primeiro terzo. Hai unha crista no bordo externo do antebrazo, perna e pé.Boulenger, G. A. (1890). The Fauna of British India, including Ceylon and Burma. Reptilia and Batrachia. Londres: Taylor and Francis.
A súa ben desenvolvida cola, que está aplanada lateralmente, e os pés posteriores palmados proporciónanlle unha gran manobrabilidade en hábitats de augas profundas. Porén, en terra, un gavial adulto só pode impulsarse cara a adiante e deslizarse sobre o seu ventre. A cola comprimida lateralmente serve tanto para propulsarse coma para atacar as presas.
Distribución e hábitat miniatura|Grupo de gaviais e un crocodilo das marismas no río Karnali do Parque Nacional de Bardia miniatura|Gavial na herba
O gavial antes prosperaba en todos os sistemas fluviais principais do subcontinente Indio, e podía encontrarse nos ríos da parte setentrional desde o río Indo en Paquistán pasando polo Ganxes e a súa cunca ata o Irawady en Myanmar. Hoxe, está extinto no Indo, no Brahmaputra de Bután e Bangladesh e no Irawady. A súa distribución está agora limitada a só o 2% da área que ocupaba outrora. No Nepal, hai pequenas poboacións que se están recuperando lentamente en afluentes do Ganxes, como o sistema dos ríos Narayani-Rapti no Parque Nacional de Chitwan e o sistema fluvial do Karnali-Babai no Parque Nacional de Bardia.Maskey, T. M., Percival, H.F. (1994). Status and Conservation of Gharial in Nepal. Presented at the 12th Working Meeting of the Crocodile Specialist Group, Thailand. Na India, hai pequenas poboacións que se están incrementando nos ríos do Santuario Nacional de Chambal, Santuario de Vida Silvestre de Katarniaghat e o Santuario do río Son. Existe outra pequena poboación no bioma selvático de Mahanadi no Santuario do Canón de Satkosia, Odisha, onde aparentemente non se reproducen. En 2008, rexistrouse unha poboación duns 100 individuos na Reserva de tigres de Corbett. En 2010, varios individuos localizáronse no río Gandaki augas abaixo do encoro de Triveni ao oeste da Reserva de tigres de Valmiki e adxacentes ao Santuario de Vida Silvestre de Sohagi Barwa.
O gavial é simpátrico co crocodilo das marismas (Crocodylus palustris) e anteriormente o era co crocodilo de auga salgada (Crocodylus porosus) no delta do Irawady. En 1977, atopáronse catro niños de gavial no río Girwa do Santuario de Vida Silvestre de Katarniaghat, onde se liberaran 909 gaviais ata 2006. En 2006 xa se atoparan 20 niños, polo que hai 16 femias nidificadoras como resultado de 30 anos de reintroducións, o cal é o equivalente ao 2% do total de liberacións previas a 2006. Aparentemente, este non é un gran resultado para o diñeiro e o esforzo considerable dedicado, e como suxeriron varios investigadores, quizais se alcanzase alí xa a capacidade de carga. En 1978, rexistráronse 12 niños no río Chambal no Santuario Nacional de Chambal, no que foran liberados 3 776 gaviais ata 2006. En 2006, a nidificación incrementárase nun 500% chegando aos 68 niños, pero as femias maduras reprodutoras recrutadas constituían só o 2% da cifra total liberada. As crías que eclosionan son especialmente proclives a ser arrastradas pola corrente río abaixo fóra das áreas protexidas durante as inundacións monzónicas anuais.
Ecoloxía e comportamento miniatura|Gavial no Parque Zoolóxico Indira Gandhi, Visakhapatnam
O gavial pode considerarse o máis acuático de todos os crocodilianos existentes. Os adultos aparentemente non teñen a capacidade e camiñar nunha posición semiergueita, como a do "paso alto" doutros crocodilianos, e só avanzan en terra mediante un movemento de "escorregamento" cara a adiante. Xeralmente habita en ríos de augas fluentes con pozas profundas que teñen altas ribeiras areosas e unha boa poboación de peixes. As femias utilizan os bancos areosos expostos para nidificar.
Toma de sol Como outros crocodilianos, o gavial é ectotermo e toma o sol para quecer e métese na auga para refrescarse. Malia a súa capacidade limitada de locomoción terrestre, toma o sol diariamente nos bancos areosos expostos ao sol, raramente sobre rochas, excepto cando chove. Nalgunhas zonas da súa área de distribución a especie toma o sol máis tempo que o Crocodylus palustris. Aínda que os gaviais a miúdo toman o sol en grupos, cada individuo ten un lugar preferido que defende. Durante a estación fría toman o sol todo o día cando a temperatura do aire é normalmente duns 18 °C e a da auga de 17 °C. Durante a estación cálida toman menos o sol e evitan facelo a mediodía cando a temperatura do aire é de 35 °C e a da auga duns 25 °C.
Ecoloxía de alimentación
Os seus fociños estreitos e alongados reducen a resistencia da auga ao nadar cando cazan peixes, e os seus dentes moi agudos interdixitados están ben adaptados para capturalos. Os gaviais novos comen insectos, cágados, pequenos peixes e ras. Os adultos aliméntanse de peixes e de pequenos crustáceos. As súas mandíbulas son demasiado delgadas e delicadas para atrapar grandes presas, especialmente persoas, polo que non son perigosos. Capturan peixes esperando a que os peixes pasen nadando, e cóllenos rapidamente cun rápido movemento lateral da cabeza agarrándoos coa boca. Dirixen os peixes cara ás beiras do ríos cos seus corpos, e atordan os peixes usando os golpes secos creados ao pechar a mandíbula baixo a auga. Non mastigan as presas, senón que as tragan enteiras.
Os gaviais novos aliméntanse e agóchanse en augas pouco profundas. Cando se incrementa o seu tamaño, aliméntanse en augas máis fondas. Os gaviais de 120 cm prefiren augas de 1 a 3 m de profundidade, os que medraron ata os 180 cm cazan e agóchanse en augas de 2 a 3 m de profundidade. Os gaviais adultos prefiren profundidades de máis de 4 m.
Os gaviais non comen nin matan seres humanos. As xoias que se conta que se encontraron nos seus estómagos poden ser a causa do mito de que os gaviais son comedores de persoas. É posible que tragasen esas xoias para usalas como gastrólitos para axudar á dixestión ou ao control da flotabilidade.
Reprodución