Os wólofs, ás veces wolofs, son un grupo étnico de África Occidental que habita no noroeste do Senegal, en Gambia e na costa suroeste de Mauritania. No Senegal, os wólofs son o meirande grupo étnico (~ 39%), mentres que nos outros dous países son minoría. Falan a lingua wólof, unha lingua da pola atlántica da familia níxer-congo.

A súa historia antiga non está clara e está baseada nas tradicións orais que os vinculan cos almorábides. A mención máis antiga ós wólofs é a feita polo navegante e explorador Alvise Cadamosto, que mencionou xefes islámicos wólofs que eran consultados polos conselleiros e divinos musulmáns. Os wólofs pertenceron ó Imperio Wólof da rexión de Senegambia.

Notas

Categoría:Grupos étnicos do Senegal Categoría:Grupos étnicos de Gambia Categoría:Grupos étnicos de Mauritania