Gavialis é un xénero de crocodilianos que inclúe unha especie viva, o gavial (Gavialis gangeticus), e varias especies fósiles extintas, como son Gavialis bengawanicus, Gavialis breviceps, Gavialis browni, Gavialis curvirostris, Gavialis hysudricus, Gavialis leptodus, Gavialis lewisi e Gavialis pachyrhynchus. A maioría das especies, incluída a actual G. gangeticus, proceden do subcontinente indio, mentres que G. bengawanicus coñécese como o gavial de Xava. Gavialis probablemente apareceu no subcontinente Indio a inicios do Mioceno hai uns 20 millóns de anos e espallouse polo arquipélago malaio seguindo un camiño chamado a ruta Siva–malaia no Cuaternario. Tamén se atoparon restos atribuídos a Gavialis en Sulawesi e a illa Woodlark ao leste da liña de Wallace, o que suxire que unha liñaxe prehistórica de Gavialis conseguiu atravesar os hábitats mariños e chegar a lugares posiblemente tan afastados como a Oceanía occidental. miniatura|esquerda|upright|Cranio da especie de Gavialis extinta G. bengawanicus, que viviu no Plistoceno.
Notas
Categoría:Gaviálidos