Simplesat foi un satélite artificial da axencia espacial estadounidense NASA lanzado o 10 de agosto de 2001 a bordo do transbordador espacial Discovery na misión STS-105 desde o Centro Espacial de Cabo Cañaveral en Florida.
Características Simplesat foi un satélite experimental construído para estudar a posibilidade de facer satélites baratos e funcionais a partir de pezas comerciais. A bordo levaba un GPS para determinar a súa orientación e un pequeno telescopio. O satélite foi despregado desde a bodega de carga do transbordador espacial Discovery, pero despois de soltalo non se conseguiu establecer contacto por radio co mesmo. Reentrou na atmosfera terrestre o 30 de xaneiro de 2002.
Véxase tamén
Outros artigos Transbordador espacial Discovery
Notas
Categoría:Satélites artificiais