O Instituto dos Pequenos Irmáns de Xesús (en ) son un instituto relixioso masculino de dereito pontificio: os membros desta congregación engaden ao seu nome as siglas P.F.I. ou P.F.J. Historia A congregación é obra de René Voillaume e doutros cinco sacerdotes inspirados polo exemplo de vida de Charles de Foucauld: o 8 de setembro de 1933 recibiron na igrexa de Montmartre (París) o hábito relixioso de mans do cardeal Jean Verdier, e no outubro seguinte se trasladaron a África.
Comezaron a vida en común en Al-Abiud Sidi al-Xaikh, en Alxeria, seguindo a regra elaborada por Charles de Foucauld en 1899, que prevía a clausura e a adoración eucarística: querendo imitar máis fortemente a vida de Foucauld, que tiña asistido sobre todo no material ás poboacións do Sáhara, vivindo en estreito contacto e traballando con eles, abandonaron a interpretación máis ríxida da norma.
O instituto foi erixido como instituto de dereito diocesano por Gustave Nouet, prefecto apostólico de Rardaia, o 19 de marzo de 1936, e recibiu o decretum laudis pontificio o 13 de xuño de 1968. Existe tamén unha rama feminina, a Fraternidade das Pequenas Irmás de Xesús. Notas