Oito Veado Gadoupa de Xaguar (en mixteco: Iya Nacuaa Teyusi Ñaña)Jansen e Pérez Jiménez (2004) ou 8 Veado para abreviar, foi un poderoso gobernante mixteco na Oaxaca do século XI. Aparece atestado nun manuscrito precolombiano do século XV, coñecido como Codex Zouche-Nuttall, e noutros manuscritos mixtecos. O seu apelido tradúcese tamén como Gadoupa de Tigre e Gadoupa de Ocelote. John Pohl datou a súa vida entre os anos 1063 e a súa morte por sacrificio no ano 1115.See Pohl (n.d.) De acordo coa práctica estándar mesoamericana, o nome "Oito Veado" refírese ó día do seu nacemento dentro do ciclo de 260 días, que se compón de 13 números e 20 símbolos variados (que inclúen animais, plantas e fenómenos naturais).

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Nados en 1063 Categoría:Finados en 1115 Categoría:Pobo mixteco Categoría:Nados en México