O alcalde de Ferrol é a máxima autoridade política do Concello de Ferrol. De acordo coa "Lei Orgánica 5/1985", de 19 de xuño, do "Réxime Electoral Xeral" (actualmente en vigor) o alcalde é elixido pola corporación municipal de concelleiros, que á súa vez son elixidos por sufraxio universal polos cidadáns e cidadás de Ferrol con dereito a voto, mediante eleccións municipais celebradas cada catro anos. Na mesma sesión de constitución da corporación procédese á elección do alcalde, podendo ser candidatos todos os concelleiros que encabezan as correspondentes listas. É proclamado electo o candidato que obtén a maioría absoluta dos votos. Se ningún deles obtén esta maioría é proclamado alcalde o concelleiro que encabeza a lista máis votada.
A actual corporación municipal ferrolá está composta por 25 concelleiros e o alcalde da cidade, desde o 17 de xuño de 2023, é José Manuel Rey Varela, do PPdeG, quen accedeu á alcaldía tras lograr a súa candidatura 13 concelleiros e, polo tanto, a maioría absoluta. O resto da corporación está formada por 7 concelleiros do PSdeG-PSOE, 3 do BNG e 2 de Ferrol en Común.
Véxase tamén Outros artigos Lista de alcaldes de Ferrol
Categoría:Alcaldes de Ferrol