O condado de Daviess (en inglés: Daviess County) é un condado pertencente ao estado estadounidense de Kentucky. No censo de 2000, o condado tiña unha poboación de 91.545 habitantes. Forma parte da área metropolitana de Owensboro, cidade esta que ten a capitalidade do condado.Información do condado de Daviess en NACo County Explorer . (En inglés)

O condado de Daviess  fundouse en 1815 e recibiu o seu nome na honra de Joseph Hamilton Daveiss, o fiscal que levou o caso contra Aaron Burr.

Segundo a Oficina do Censo, o condado ten unha área total de 1.233 km²,  dos que 1.197 km² son de terra e 36 km² (o 2,91 %) corresponden a auga.

Xeografía

Condados estremeiros Condado de Spencer, Indiana (nordés). Condado de Hancock (leste). Condado de Ohio (sueste). Condado de McLean (suroeste). Condado de Henderson (oeste). Condado de Warrick, Indiana (noroeste).

Demografía No censo de 2000, había 91.545 persoas, 36.033 fogares e 24.826 familias residentes no condado. A densidade de poboación era de 198 persoas por milla cadrada (76/km²). En 2000 había 38.432 unidades unifamiliares, cunha densidade de 83 por milla cadrada (32/km²). A repartición por razas do condado era de 93,69 % brancos, 4,35 % afroamericanos, 0,13 % amerindios, 0,43 % asiáticos, 0,02 % insulares do Pacífico, 0,44 % doutras razas e 0,94 % de dúas ou máis razas. O 0,92 % da poboación era de orixe hispana ou latina de calquera raza.

A renda media dos fogares do condado era de 36.813 dólares e o ingreso medio por familia era de 45.404 dólares. En 2000 os homes tiñan uns ingresos medios de 35.295 dólares e as mulleres de 21.971 dólares. A renda per cápita do condado era de 18.739 dólares e o 12,30 % da poboación estaba baixo o limiar de pobreza nacional.Datos do Condado de Daviess na web da Oficina do Censo dos EEUU . (En inglés)

Cidades e núcleos de poboación Maceo. Masonville. Owensboro. Whitesville.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Condados dos Estados Unidos de América

Ligazóns externas Sitio web do Condado de Daviess. (En inglés)

Daviess