A lingua kurda central (کوردیی ناوەندی; kurdîy nawendî) ou sorani (سۆرانی; Soranî) é unha lingua kurda falada en Iraq, principalmente no Kurdistán iraquí, así como a provincia do Kurdistán e a provincia de Acerbaixán Occidental do oeste de Irán. O kurdo central é unha das dúas linguas oficiais de Iraq, xunto co árabe, e nos documentos políticos aparecen sinxelamente como "kurdo".

O termo sorani, que provén do antigo Emirato de Soran, emprégase para referirse á escrita, a forma escrita estandarizada da lingua kurda desenvolvida a partir do alfabeto árabe na década de 1920 por Sa'íd Sidqi Kaban e Taufiq Wahby.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Wikipedia en kurdo central Ligazóns externas

Categoría:Kurdistán Categoría:Linguas indoiranias Categoría:Linguas de Irán Categoría:Linguas de Iraq