Yvetot é unha cidade e comuna francesa, na antiga rexión da Alta Normandía (desde a reforma territorial de 2016, a Alta Normandía fusionouse coa Baixa Normandía para formaren a rexión de Normandía),Lei n° 2015-29 de 16 de xaneiro de 2015 .Ministère de l'Intérieur.Conseil Constitutionnel. departamento de Sena Marítimo, no distrito de Ruan.
Xeografía É a capital (chef-lieu) do cantón do seu nome, e até 1926 foi unha subprefectura.
A súa poboación (censo de 2008) era de 11 596 habitantes. (Fonte: INSEE)
O seu xentilicio é Yvetotais (en francés)
Historia A prosperidade da vila está ligada a un gran comercio desenvolvido no século XVII, grazas ao seu estatuto de paraíso fiscal, e á súa industria de fiado de algodón, en plena expansión desde 1794. No século XIX, a vila desenvolve a produción de tecidos.
Foi capital de distrito desede 1790 a 1795.
Practicamente arrasada en 1940 polos alemáns, na segunda guerra mundial, a cidade foi reconstruída nun estilo clásico.
Recuperou o seu esplendor a mediados do século XX, aínda que perdeu o seu estatuto de subprefectura en 1926.
Galería
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas INSEE Unité urbaine d’Yvetot (76301)
Categoría:Concellos do departamento de Sena Marítimo