A Biblioteca Dixital Floridablanca é un repositorio institucional que alberga fondos dixitalizados en acceso libre e gratuíto pertencentes á Colección histórica da Universidade de Murcia. Depende da área de Biblioteca da Universidade de Murcia e, dentro desta, da sección de Fondo Antigo.Colección Histórica
Orixe O proxecto de dixitalización do Fondo Histórico da Biblioteca da Universidade de Murcia iniciouse no ano 2002 grazas á colaboración de patrocinadores como o Banco de Santander, CajaMurcia e máis recentemente a Fundación Séneca. Durante estes anos levouse a cabo un proceso de selección para incluír na Biblioteca Dixital Floridablanca aqueles títulos de maior relevancia ou interese, garantindo ao mesmo tempo o seu acceso universal e conservación.
Obxectivos A Biblioteca Dixital Floridablanca ten como obxectivo permitir o acceso aberto do Fondo Histórico da Universidade de Murcia, facilitando a súa consulta, libre e gratuíta, a súa difusión e a súa preservación. A comezos de 2017, a colección tiña máis de 200.000 páxinas dixitalizadas.
Contidos O fondo abrangue desde os inicios da imprenta, destacando incunables como o “Liber chronicarum,” de Hartmann Schedel, impreso por Anton Koberger en 1493, ou "Sermones er epistolae" do papa León I (1485). Dos vinte primeiros anos do século XVI posúe sesenta títulos con exemplares moi escasos noutras bibliotecas como “Centones ueteris ac noui testameti”, impreso en Salamanca por Juan Gysser, en 1502, e diversas representacións dos talleres de Jacobo Cromberger en Sevilla, de Aldo Manuzio co seu “Omnia Platonis opera” en Venecia en 1513.
Coleccións Biblioteca Floridablanca Incunables Século XVI Século XVII Século XVIII Século XIX Século XX Imagenes Librorum Filigranas Gravados Marcas de impresor Imagenes librorum é un proxecto de investigación bibliográfica e documental no marco das políticas de difusión do Patrimonio Bibliográfico e Documental á luz das novas tecnoloxías da información. O obxectivo é ofrecer un repertorio dixital de tódolos gravados, marcas tipográficas e filigranas de papel que aparecen nos libros da Colección histórica da Universidade de Murcia (S. XV-XIX). O repertorio constitúe un sistema de recuperación das imaxes para o seu estudo e/ou reutilización de forma independente aos catálogos da biblioteca e da Biblioteca Dixital Floridablanca, nos que a recuperación é posible por obras pero non por imaxes. Aplicouse na súa creación a metodoloxía de descrición de partes compoñentes, en canto todas as imaxes forman parte dunha unidade bibliográfica maior, e as técnicas de análises de imaxe necesarias para a identificación de recursos gráficos.
Integración noutros proxectos dixitais A Biblioteca Dixital Floridablanca intégrase en catálogos e proxectos cooperativos nacionais e internacionais como HispanaHispana e Europeana. Europeana Hispana reúne as coleccións dixitais de arquivos, bibliotecas e museos conformes á Iniciativa de Arquivos Abertos que promove a Unión Europea e cumpre en relación aos repositorios dixitais españois funcións análogas ás de Europeana en relación aos repositorios europeos, é dicir, constitúe un agregador de contidos das bases de datos de coleccións dixitais.
Entre estas coleccións destacan os repositorios institucionais das universidades españolas e as bibliotecas dixitais das Comunidades Autónomas que ofrecen acceso a conxuntos crecentes de todo tipo de materiais (manuscritos, libros impresos, fotografías, mapas...) do patrimonio bibliográfico español. As bibliotecas dixitais das Comunidades Autónomas, e outras de carácter local, achegan, a través de Hispana, os seus contidos ao proxecto EuropeanaLocal, no que o Ministerio de Cultura participa como coordinador nacional xunto con outras 32 institucións de 26 países.
Libros destacados Libro de la anothomia del hombre, de Bernardino Montaña de Monserrate (impreso en Valladolid: en casa de Sebastian Martinez, en 1551) Questionis Super Metaphysicam Aristotelis, de Antonio Andrés (Venecia: M. Boneti Locatelli ... : i[m]pe[n]sis Octauiani Scoti ....; 1491) Historia de las yeruas, y plantas, sacada de Dioscoride Anazarbeo y otros insignes Autores, con los nombres Griegos, Latinos, de Leonhart Fuchs (en Anvers, polos herdeiros de Arnoldo Byrcman; 1557) Omnia Platonis Opera (editado en Venecia; 1513) Historia natural y moral de las Indias ..., de José de Acosta (1539-1600), impreso en Sevilla, en casa de Juan de León; 1590.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Sitio oficial da Biblioteca Dixital Floridablanca
Categoría:Bibliotecas dixitais Categoría:Universidade de Murcia