miniatura|300px|Aplicación de molusquicidas. Os biocidas poden ser substancias químicas sintéticas ou de orixe natural, ou microorganismos, destinados a destruír, contrarrestar, neutralizar, impedir a acción ou exercer un control doutro tipo sobre calquera organismo ou microorganismo considerado nocivo para o home.
Mecanismos de acción
As substancias biocidas polo xeral actúan a nivel da membrana celular dos organismos, penetrándoa e destruíndo os sistemas que lle permiten vivir. O biocida provoca a lise da parede proteica ou lipoproteica do organismo e penetra no seu interior interrompendo as reaccións bioquímicas que sustentan a vida no organismo.
Tipos de biocidas Pódense presentar de tres formas: Físicos: fontes de radiación de alta enerxía (luz, radiación UV) que oxidan a parede proteica e practicamente queiman as células do microorganismo. Biolóxicos: substancias creadas por organismos superiores para autodefensa; xeralmente son de tipo proteico (enzimas; por exemplo, a lisozima). Químicos: poden ser, á súa vez, inorgánicos ou de síntese orgánica. Por exemplo: dióxido de cloro (ClO2), isotiazolinas, cloraminas, bromuros de alquilo, cloruros de alquilo ou arilo, etc.
Condicións dun bo biocida Debe ter un amplo espectro de actividade, é dicir, debe cubrir unha ampla gama de microorganismos (bacterias, virus e fungos). Efectivo a baixa concentración: canto máis baixa sexa a dose, máis económico resulta o tratamento. Efectivo nun amplo rango de pH. Solúbeis en auga. Compatíbel con outras especies químicas no medio. Alta persistencia: debe ser efectivo a través do tempo. Fácil de neutralizar: debe posuír mecanismos desactivadores para a súa posterior neutralización. Baixa toxicidade humana: non debe ser prexudicial na súa manipulación segura por parte do operador.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Axencia Europea de Substancias e Mesturas Químicas (ECHA) Dienil Lexionelose Substancia activa
Ligazóns externas Páxina da ECHA sobre biocidas . Tecnoloxía de Activación Electroquímica da Auga Orde PRE/3271/2011, de 25 de novembro, pola que se inclúen as substancias activas bifentrina, acetato de (Z,E)-tetradeca-9,12-dienilo, fenoxicarb e ácido nonanoico no anexo I do Real Decreto 1054/2002, de 11 de outubro, polo que se regula o proceso de avaliación para o rexistro, autorización e comercialización de biocidas e pola que se inclúe a substancia activa acetato de (Z,E)-tetradeca-9,12-dienilo no anexo IA do citado Real Decreto