miniatura|Abella do mel A abella, Apis mellifera,abella no Dicionario da RAG. é unha especie de insecto da orde dos himenópteros, suborde dos apócritos, superfamilia dos apoideos, familia dos ápidos e subfamilia dos apinos e tribo dos apini.Apis mellifera Linnaeus, 1758 no ITIS. Consultado o 12 de xuño de 2021.
Outros nomes vulgares coa que se coñece, ademais do oficial de abella, son os de abella do mel, abella melífera europea, abella melífera occidental ou abella común (este último porque é a especie de abella máis común de entre todas as abellas produtoras de mel do mundo —hai de 7 a 12 especies que a producen—).
É un insecto eusocial, que forma colonias formadas por unha soa femia fértil chamada abella raíña, Acepción 4. ou mestra, da colmea, moitas femias estériles ou obreiras e un pequeno número de machos fértiles, os abellóns, abáboros, ou abázcaros,abellón, 1ªacep., no Dicionario da RAG. que se orixinan de ovos non fecundados por un mecanismo denominado partenoxénese.
Cada colonia pode albergar decenas de miles de abellas. As actividades da colonia están organizadas por medio dunha complexa comunicación entre os individuos, na que interveñen sinais odoríferos e unha linguaxe de danzas.
A abella melífera europea foi un dos primeiros insectos domesticados, e segue a ser a principal especie que crían os apicultores tanto para a obtención do mel, e a cera coa que constrúen os seus favos, así como polo seu labor polinizador.
Coa axuda humana, a abella melífera europea vive agora en todos os continentes, excepto a Antártida. Debido á súa estendida crianza, esta especie é o polinizador máis importante para a agricultura en todo o mundo. Porén, diversas pragas e doenzas ameazan a esta abella, especialmente a chamada síndrome de despoboamento das colonias de abellas.
É tamén un importante organismo modelo en estudos científicos, especialmente nos campos da evolución social, aprendizaxe e memoria. Tamén se usaron estas abellas en estudos sobre a toxicidade dos pesticidas, para avaliar os impactos indirectos non pretendidos dos pesticidas comerciais.
Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1758 por Linneo na 10ª edición do seu Systema Naturae.Apis mellifera Linnaeus, 1758 no ITIS. Consultado o 12 de xuño de 2021.Apis mellifera Linnaeus, 1758 no GBIF. Consultado o 12 de xuño de 2021.
Etimoloxía Para a do xénero, véxase Apis.
O epíteto específico, mellifera, é o nominativo feminino singular do adxectivo do latín clásico mellifer, -era, -erum, "que produce mel".
Sinónimos Ademais de polo nome actualmente válido (2021), a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:
<small><small> Apis adansonii Latreille, 1804 Apis aenigmaticus Rayment, 1925 Apis australis Kiesenwetter, 1860 Apis caffra Lepeletier, 1836 Apis cerifera Gerstäcker, 1862 Apis cerifera Scopoli, 1770 Apis daurica Fischer von Waldheim, 1843 Apis fasciata Latreille, 1804 Apis gregaria Geoffroy, 1762 Apis intermissa Maa, 1953 Apis mellica subsp. cypria Pollmann, 1879 Apis mellica subsp. remipes Gerstäcker, 1862 Apis mellida subsp. caucasia Pollmann, 1889 Apis mellifera subsp. acervorum' Skorikov, 1929Apis mellifera subsp. adami Ruttner, 1975Apis mellifera subsp. adansoni Latreille, 1804Apis mellifera subsp. anatoliaca Maa, 1953Apis mellifera subsp. armeniaca Skorikov, 1929Apis mellifera subsp. artemisia Engel, 1999Apis mellifera subsp. capensis Eschscholtz, 1822Apis mellifera subsp. carnica Pollmann, 1879Apis mellifera subsp. carniolica Koschevnikov, 1900Apis mellifera subsp. carpatica Barac, 1977Apis mellifera subsp. caucasica Gorbachev, 1916Apis mellifera subsp. cecropia Kiesenwetter, 1860Apis mellifera subsp. cypria Pollmann, 1879Apis mellifera subsp. iberica Ruttner, 1988Apis mellifera subsp. iberiensis Engel, 1999Apis mellifera subsp. intermissa Maa, 1953Apis mellifera subsp. jemenitica Ruttner, 1976Apis mellifera subsp. lamarckii Cockerell, 1906Apis mellifera subsp. ligustica Spinola, 1806Apis mellifera subsp. litorea F.G.Smith, 1961Apis mellifera subsp. macedonica Ruttner, 1988Apis mellifera subsp. major Ruttner, 1976Apis mellifera subsp. meda Skorikov, 1929Apis mellifera subsp. monticola F.G.Smith, 1961Apis mellifera subsp. nubica Ruttner, 1976Apis mellifera subsp. remipes Gerstäcker, 1862Apis mellifera subsp. ruttneri Sheppard, Arias, Grech & Meixner, 1998Apis mellifera subsp. sahariensis Baldensperger, 1932Apis mellifera subsp. scutellata Lepeletier, 1836Apis mellifera subsp. siciliana Grassi, 1881Apis mellifera subsp. sicula Montagano, 1911Apis mellifera subsp. simensis Meixner, Leta, Koeniger & Fuchs, 2011Apis mellifera subsp. sossimai Engel, 1999Apis mellifera subsp. syriaca Skorikov, 1929Apis mellifera subsp. taurica Alpatov, 1935Apis mellifera subsp. unicolor Latreille, 1804Apis mellifica Linnaeus, 1761Apis mellifica subsp. adami Ruttner, 1975Apis mellifica subsp. banatica Grozdanic, 1926Apis mellifica subsp. carnica Pollmann, 1879Apis mellifica subsp. cecropia Kiesenwetter, 1860Apis mellifica subsp. germanica Pollmann, 1879Apis mellifica subsp. hymettea Pollmann, 1879Apis mellifica subsp. nigrita Lucas, 1882Apis mellifica subsp. rodopica Petrov, 1991Apis mellifica subsp. sahariensis Baldensperger, 1932Apis nigritarum Lepeletier, 1836Apis remipes subsp. armeniaca Skorikov, 1929Apis remipes subsp. transcaucasica Skorikov, 1929Apis siciliana Dalla Torre, 1896Apis sicula Montgano, 1911 </small></small>
Subespecies Segundo o ITIS recoñécense as seguintes subespecies:Apis mellifera carnica Pollmann, 1879Apis mellifera scutellata Lepeletier, 1836Apis mellifera major Ruttner, 1976Apis mellifica germanica Pollmann, 1879Apis mellifera ligustica Spinola, 1806Apis mellifera lamarckii Cockerell, 1906Apis mellifera syriaca Skorikov, 1929Apis mellifera taurica Alpatov, 1935Apis mellifera anatoliaca Maa, 1953Apis mellifera carpatica Barac, 1977Apis mellifera cypria Pollmann, 1879Apis mellifera sossimai Engel, 1999Apis mellifera iberiensis Engel, 1999Apis mellifera intermissa Maa, 1953Apis mellifera jemenitica Ruttner, 1976Apis mellifera meda Skorikov, 1929Apis mellifera nubica Ruttner, 1976Apis mellifera siciliana Grassi, 1881Apis mellifera capensis Eschscholtz, 1822Apis mellifera litorea F. G. Smith, 1961Apis mellifica banatica Grozdanic, 1926Apis mellifera macedonica Ruttner, 1988Apis mellifera adami Ruttner, 1975Apis mellifica rodopica Petrov, 1991Apis mellifera remipes Gerstäcker, 1862Apis mellifica hymettea' Pollmann, 1879 Apis mellifera sahariensis Baldensperger, 1932 Apis mellifera ruttneri Sheppard, Arias, Grech & Meixner, 1998 Apis mellifica nigrita Lucas, 1882 Apis mellifera simensis Meixner, Leta, Koeniger & Fuchs, 2011 Apis mellifera adansoni Latreille, 1804 Apis mellifera monticola F. G. Smith, 1961 Apis mellifera artemisia Engel, 1999Apis mellifera unicolor Latreille, 1804Apis mellifera caucasica Gorbachev, 1916Apis mellifera acervorum Skorikov, 1929Apis mellifera carniolica Koschevnikov, 1900Apis mellifera iberica Ruttner, 1988Apis mellifera armeniaca Skorikov, 1929Apis remipes transcaucasica Skorikov, 1929Apis mellifera sicula Montagano, 1911Apis mellifica adami Ruttner, 1975Apis mellifica cecropia Kiesenwetter, 1860Apis mellica cypria Pollmann, 1879Apis mellica remipes Gerstäcker, 1862Apis mellifica sahariensis Baldensperger, 1932Apis mellifica carnica Pollmann, 1879
Distribución e hábitat 300px|miniatura|Distribución mundial da abella melífera europea A abella melífera europea pode encontrarse en todos os continentes menos na Antártida. Crese que a especie se orixinou ou ben en África, ou ben en Asia, desde onde se espallou por África, Oriente Medio e Europa. Os humanos son os responsables do considerable aumento da súa área de distribución, introducindo as subespecies europeas en Norteamérica (a inicios do século XVII), Suramérica, Australia, Nova Zelandia e o leste de Asia.
A especie adaptouse aos ambientes locais a medida que se espallaba xeograficamente. Estas adaptacións inclúen sincronizar os ciclos coloniais co momento de floración das plantas locais, formar agrupamentos en inverno nos climas máis fríos, enxamiarse en África, e incrementar o comportamento de busca de comida en áreas desertas.
En conxunto, estas variacións tiveron como resultado a formación das 28 subespecies recoñecidas, todas as cales son fértiles cruzándose entre si. As subespecies están divididas en catro grandes ramas, baseadas no traballo de Ruttner e confirmados polas análises de ADN mitocondrial. As subespecies africanas pertencen á rama A, as subespecies do oeste de Europa á rama M, as do suroeste de Europa á rama C e as do Oriente Medio á rama O. (Véxase máis abaixo).
Bioloxía e ciclo vital
Ciclo vital da colonia miniatura|Enxame de abellas. As abellas non son agresivas neste estado, xa que non teñen aínda unha colmea que protexer. A diferenza da maioría das outras especies de abellas, as abellas do mel teñen colonias perennes, que persisten ano tras ano. Debido a este alto grao de sociabilidade e permanencia, as colonias de abellas do mel poden considerarse superorganismos, o que significa que a unidade biolóxica significativa para a reprodución é a colonia, máis que as abellas individuais. As colonias das abellas do mel reprodúcense por un proceso chamado "enxamiamento".
Na maioría dos climas, as abellas do mel enxamianse en primavera e inicios do verán, cando hai unha abundancia de plantas en floración para recoller néctar e pole. En resposta a estas condicións favorables, a colmea crea unha ou dúas ducias de novas raíñas. Xusto cando estas "raíñas fillas" están case formadas no estadio pupal, as vellas raíñas e aproximadamente dous terzos das obreiras adultas abandonan a colonia formando un enxame, e viaxan certa distancia para encontrar unha nova localización axeitada e construír alí unha colmea, como un tronco de árbore oco. Na antiga colonia, as raíñas fillas a miúdo empezan a "chiar", xusto antes de emerxer como adultos, e, cando as raíñas fillas emerxen finalmente, loitan unhas con outras ata que só queda unha, que se converterá na nova raíña. Se unha destas irmás emerxe antes que as outras, matará as súas irmás mentres son aínda pupas, antes de que teñan a oportunidade de emerxer como adultos.
Unha vez que eliminou os seus rivais, a nova raíña, que é a única femia fértil da colonia, é a responsable de poñer todos os ovos da antiga colonia, que a súa nai abandonou. As raíñas femias virxes poden poñer ovos, que se desenvolven orixinando machos (unha característica que comparten coas avespas, outras abellas e formigas debido á súa haplodiploidía). Porén, a raíña terá que aparearse cun macho para producir descendencia feminina, a cal supón o 90% ou máis das abellas da colonia. Deste modo, a nova raíña fará un ou máis voos nupciais, e cada vez aparearase con de 1 a 17 machos. Unha vez que acabou de aparearse, xeralmente ás dúas semanas de emerxer, permanece na colonia e dedícase a poñer ovos.