John Degenkolb é un ciclista alemán, nado en Gera o 7 de xaneiro de 1989. Compite no equipo Trek Segafredo.
Traxectoria Debutou como profesional no ano 2011 no equipo HTC-Highroad seguindo a estela doutros sprinters como Mark Cavendish ou André Greipel. Destaca nos finais en grupo aínda que tamén acadou grandes resultados en clásicas como a París-Roubaix.
No seu palmarés destacan dez vitorias de etapa na Volta Ciclista a España entre as edicións do 2012, 2014 e 2015, unha etapa no Giro do 2015 a Milán-San Remo e a París-Roubaix do ano 2015 que xunto con outras o deixan no ano 2017 moi preto das cincuenta vitorias como profesional.
Notas
Categoría:Ciclistas olímpicos de Alemaña Categoría:Nados en Turinxia Categoría:Nados en 1989 Categoría:Ciclistas nos Xogos Olímpicos de 2012 Categoría:Gañadores de etapa no Tour de Francia