A folosa políglota, ás veces folosa amarela,Conde Teria, Miguel A. e Tiago A, Vidal Figueroa (1991): "Nomes galegos para as aves ibéricas: unha nova proposta". En: Fernández-Cordeiro, A. e J. Domínguez, editores. Actas do Primeiro Congreso Galego de Ornitoloxía. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela. ISBN 84-7191-749-1, pp.249-268. ou fulepa amarela,Penas Patiño, Xosé M. et al. (1991), p. 254.CCG / SGHN (1995), p. 504. Hippolais polyglotta, é unha ave da orde dos paseriformes, suborde dos páseros, infraorde dos paséridos, superfamilia dos silvioideos e familia dos acrocefálidos, pertencente ao xénero Hippolais, Melodicous Warbler. Hippolais polyglotta (Vieillot, 1817) en BioLib.Hippolais polyglotta (Vieillot, 1817) no ITIS. distribuída, no verán, polo suroeste de Europa e o noroeste de África, migrando cara á África subsahariana para pasar o inverno.
Características As principais características deste paxaro son:Peterson, Roger et al. (1973), pp. 269-270.Svensson, Lars et. al. (2001), p. 300. Corpo de 12 a 13 cm de lonxitude. Coloración da plumaxe verde olivácea polas partes superiores e amarela polas inferiores. Presenta unha lista supraocular (cella) amarela. As patas son dunha cor que varía entre a cor carne apardazada e a gris azulada, xeralmente pardas. A parte inferior do peteiro é de cor rosada. Os individuos inmaturos teñen as ás de cor amarela apardazada, máis pálidas que nos adultos, e moderadamente contrastadas, e as partes inferiores de cor crema clara. Ás curtas e arredondadas, que non superan a cola. O píleo é pardo, e marcadamente arredondado.
Bioloxía Hábitat e distribución Hábitat Vive en zonas próximas aos ríos, en arboredos caducifolias, bosques e ribeira, zonas de matogueiras, valgadas, lindeiros de bosques e antigos cultivos, sempre con abondosa formación de sotobosque, preferentemente de Rubus e Cytisus.
Distribución No verán, distribúese polo suroeste de Europa e o noroeste de África, e no inverno na África tropical occidental. (Ver mapa ao lado).
Nutrición No verán, aliméntase principalmente de insectos e larvas e, antes da súa partida para o sur, tamén de bagas.
Reprodución miniatura|140px|esquerda|Ovos.
A época de celo comeza nos primeiros días de maio.
Constrúen niños en forma de copa profunda en gallas de arbustos, e mesmo de árbores en lugares abrigados.
Neles, as femias poñen en xuño de 3 a 4 ovos de cor rosada con pencas escuras, que choca a nai durante 12 ou 13 días. Os polos nacen a finais de xuño ou principios de xullo, e son alimentados no niño por ambos os pais; aos 14 días as crías abandonan o niño.
Taxonomía Descrición A especie Hippolais polyglotta foi descrita en 1817 polo ornitólogo francés Louis Jean Pierre Vieillot, baixo o nome de Sylvia polyglotta.Vieillot, Nouveau Dictionnaire d'Histoire Naturelle Appliquée Aux Arts... 11, p. 200.
Etimoloxía Xénero Ver Hippolais Especie O epíteto específico polyglota está formado polos elementos do latín científico poly-, calco do correspondente do grego antigo πολυ- poly-, derivado de πολύς polýs, "moito", e -glotta, tirado do termo do grego antigo γλῶττα glỡtta, "lingua", "fala".Jobling, James A. (2010): The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. London: Christopher Helm. ISBN 978-1-4081-2501-4, pp. 192, 313.
Subespecies Nos se coñecen subespecies.
Status A especie non está ameazada; a UICN, en 2016, cualificou o seu estado de conservación como LC (pouco preocupante), e crese que a súa poboación está crecendo, estimándose o número dos seus individuos entre tres e doce millóns de exemplares.Hippolais polyglotta (Vieillot, 1817) na Lista vermella da UICN. Versión 2016-3. Consultada o 16 de abril de 2017.
En Galicia é unha especie estritamente protexida. As súas principais ameazas son a destrución de hábitats por queimas incontroladas, a caza con escopetas de balíns, e o uso de biocidas (herbicidas e insecticidas).
En Galicia En Galicia é común en todo o territorio, onde pode verse, en zonas de hábitat propicio, desde mediados de abril até finais de setembro.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía CCG / SGHN (1995): Atlas dos vertebrados de Galicia. II. Aves. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega / Sociedade Galega de Historia Natural. Colección do Patrimonio Ecolóxico. ISBN 84-87172-89-X. del Hoyo, J.; Collar, N. J.; Christie, D. A.; Elliott, A.; Fishpool, L. D. C.; Boesman, P. & Kirwan, G. M. (2016): HBW and BirdLife International Illustrated Checklist of the Birds of the World. Volume 2: Passerines. Bellaterra (Barcelona): Lynx Edicions. ISBN 978-84-96553-98-9. Fregina, S.; Haasea, M.; Olsson, U. & Alström, P. (2009): "Multi-locus phylogeny of the family Acrocephalidae (Aves: Passeriformes) – The traditional taxonomy overthrown". Molecular Phylogenetics and Evolution 52 (3): 866–878. (Resume). Olsson, U.; Rguibi-Idrissi, H.; Copete, J. L.; Arroyo Matos, J. L.; Provost, P.; Amezian, M.; Alström, P. & Jiguet, F. (2016): "Mitochondrial phylogeny of the Eurasian/African reed warbler complex (Acrocephalus, Aves). Disagreement between morphological and molecular evidence and cryptic divergence: A case for resurrecting Calamoherpe ambigua Brehm 1857". Molecular Phylogenetics and Evolution. 102: 30–44. (Resume). Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos e Silvar, Carlos (1991): Guía de aves de Galicia. A Coruña: Bahia Edicións. ISBN 84-87674-06-2. Peterson, Roger; Guy Mountfort & P. A. D. Hollom (1973): Guía de campo de las aves de España y demás países de Europa. Barcelona: Ediciones Omega, S. A. ISBN 84-2820-334-2. Svensson, Lars, & Peter J. Grant (2001): Guía de aves. La guía de campo de aves de España y de Europa más completa. Barcelona: Ediciones Omega, S. A. ISBN 84-2821-218-X.
Outros artigos Paseriformes Páseros Paséridos Silvioideos Acrocefálidos Hippolais
Ligazóns externas Hippolais polyglotta (Vieillot, 1817) no ITIS. Hippolais polyglotta na EOL. Hippolais polyglotta (Vieillot, 1817) en Fauna Europaea. Hippolais polyglotta no NCBI. Hippolais polyglotta (Vieillot, 1817) na Lista vermella da UICN. Versión 2016-3. Hippolais polyglotta (Vieillot, 1817) en Bushtits, leaf warblers & reed warblers. IOC World Bird List. Versión 7.1. Hippolais polyglotta no CITES .
Categoría:Acrocefálidos Categoría:Animais descritos en 1817 Categoría:Aves de Galicia