miniatura|Derek Bell no paseo da fama en Le Mans Derek Reginald Bell OBE nado o 31 de outubro de 1941 en Pinner, Middlesex, Inglaterra é un piloto de carreiras británico que destacou extremadamente nas carreiras de coches deportivos, gañando as 24 Horas de Le Mans cinco veces, as 24 Horas de Daytona, tres e o World Sportscar Championship dúas veces. Tamén competiu na Fórmula Un cos equipos Ferrari, Wheatcroft, McLaren, Surtees e Tecno. Foi descrito polo seu compañeiro de carreiras Hans-Joachim Stuck como un dos pilotos máis queridos da súa xeración.AUSringers.com – Hans-Joachim Stuck speaks to AUSringers Retrieved 4 de abril de 2009 miniatura|left|150px|Derek Bell at the Nürburgring en agosto de 1970 cando corría na Fórmula 2miniatura|left|Derek Bell correndo na Fórmula 2 nun Ferrari 166 Dino en Nürburgring en 1969

Traxectoria

Primeiros anos miniatura|left|Derek Bell nun Wheatcroft Racing Brabham BT30 en Nürburgring en 1970 Bell creceu nunha granxa e empezou a correr na zona de caravanas de Church Farm, co seu propio club, preto de Pagham Harbour antes de ser alentado polo seu padrastro Bernard Hender a competir cun Lotus Seven en 1964. Gañou a súa primeira carreira no Lotus en Goodwood en marzo dese ano. Debutou na Fórmula 3 no ano seguinte competindo cun Lotus 31 e en 1966 cambiou a un Lotus 41 co que logrou a súa primeira vitoria, outra vez en Goodwood. En 1967 logrou sete vitorias. Entrou na Fórmula 2 nun Brabham BT23C privado do equipo do seu padrasto de Church Farm Racing e logo de varias actuacións prometedoras, que gustaronlle a Enzo Ferrari fixo o seu debut nun Gran Premio de Fórmula 1 con Ferrari en Monza en 1968. Disputou as Tasman Series de 1969 nun Ferrari Dino 2.4, tamén en 1969 competiu cun McLaren M9A na súa única carreira no British Grand Prix en Silverstone.

Bell participou na rodaxe de Le Mans (1970) protagonizada por Steve McQueen, e el e a súa familia viviron coa familia McQueen durante a filmación, converténdose en amigos Bell tivo un incidente afortunado durante a realización da película. O Ferrari 512 que pilotaba de súpeto incendiouse mentres se poñía en posición para unha toma. Amañouse para saír do coche xusto antes de que fora envolto en chamas e sufriu pequenas queimaduras. Aínda que o coche quedou moi danado, reconstruíuse máis tarde e aínda corre en reunións históricas.https://twitter.com/MrDerekBell Twitter account https://twitter.com/MrDerekBell/status/379323628740808705/photo/1

Bell terminou segundo no Campionato Europeo de Fórmula 2 de 1970, pilotando un Brabham BT30 para Wheatcroft Racing. En 1972 conseguiu un asento no equipo Tecno de Fórmula Un, xunto con Nanni Galli. Competiu máis adiante varias veces para o equipo Surtees, incluíndo un 6º lugar no Gran Premio dos Estados Unidos de 1970 no que competiu cun Surtees TS7, e que sería o seu mellor resultado no campionato do mundo de Fórmula Un. Disputou algunha carreira máis, e con Surtees en 1974 terminou 11º no Gran Premio de Alemaña de 1974. Gozando máis dos monoprazas máis que dos autos deportivos, aceptou pilotar nas F5000/Libre British Shellsport series e F5000 en 1976-7 nun Penske PC7 March e tamén pilotou alternativamente na F5000 USA e Australia.

Foi nas carreiras de autos deportivos, a que chegou a través dunha unidade de Jacques Swaters nun Ferrari 512M privado nos 1000 km de Spa de 1970, o que o levou as 24 Horas Le Mans de 1970 nunha unidade de Ferrari de fábrica, onde construíu un forte reputación como piloto gañador de clase mundial.

Le Mans

Bell é moi coñecido por gañar a carreira das 24 Horas de Le Mans cinco veces, en 1975, 1981, 1982, 1986 e 1987. Foi compañeiro do belga Jacky Ickx en 1975, competindo co Gulf Mirage GR8,http://www.motorsportmagazine.com/archive/article/october-2010/134/one-chassis-five-le-mans de novo en 1981, competindo cun Porsche 936, e finalmente en 1982 pilotando un Rothmans Porsche 956. A sociedade de Bell/Ickx é considerada como unha das parellas máis famosas na historia do automobilismo. Bell volveu a gañar en 1986 e 1987 cos copilotos Hans-Joachim Stuck e Al Holbert correndo cun Rothmans Porsche 962. miniatura|left|1971 Le Mans Porsche 917LH pilotado por Derek Bell & Jo Siffert estacionados fora do Hotel de France

O seu primeiro Le Mans foi en 1970 nun Ferrari 512 oficial, co seu copiloto Ronnie Peterson, o seu último foi en 1996 pilotando un McLaren F1 GTR. Bell alcanzou a súa máxima velocidade en Le Mans no día de probas de abril de 1971, alcanzando unha velocidade máxima calculada de 395´9 km/h na recta Mulsanne no JW Gulf Porsche 917 LH.JW Gulf Porsche 917LH.Daily Telegraph https://www.youtube.com/watch?v=DQyYDXCr5VY&list=PLJnf_DDTfIVB58U9tPO2vRf5KNv9uohFL Retrieved 6 June 2014 miniatura|left|Derek Bell no Gulf Mirage M6 nos 1000 km de Nürburgring de 1972 miniatura|right|1994 Le Mans Gulf Kremer Porsche K8 Spyder pilotado por Derek Bell & Robin Donovan

Carreiras en deportivos Bell tamén gañou o título do campionato do mundo de Sportscar dúas veces en 1985 e 1986 e as 24 Horas de Daytona tres veces en 1986, 1987 e 1989. Gañou en 1973 3n Silverstone o RAC Tourist Trophy pilotando un BMW 3.0CSL con Harald Ertl. En 1984 gañou os 1000 quilómetros de Nürburgring con Stefan Bellof, competindo cun Porsche 956, cun 4º lugar notable no 1000 quilómetros de Nürburgring competindo cun Gulf GR7 con James Hunt no circuíto longo de 22´8 km.

A súa primeira vitoria nos 1000 km de Spa chegou en 1974 correndo cun Mirage M6 con Mike Hailwood, volvendo a gañar as edicións de 1975 e 1984. En 1975 con Henri Pescarolo, nesta tempada dominou o Alfa Romeo Tipo 33TT12 na vella pista de 14 km. e con Stefan Bellof, no igualmente dominante Porsche 956 de 1984, no circuíto máis curto usado na Fórmula 1. Tamén un de dous pilotos gañadores dos 1000 quilómetros de Spa en ambos circuítos, orixinal e actual, o outro é Jacky Ickx. miniatura|right| Derek Bell con varios dos Porsche 956 e 962 que conduciu durante a súa carreira

Andaina post-carreiras En 2001 foi contratado como consultor do programa Bentley Speed 8, axudando a Bentley a gañar as 24 Horas de Le Mans dous anos máis tarde. Agora divide o seu tempo entre os Estados Unidos e a súa casa preto de Chichester, Reino Unido, coa súa esposa Misti. É comentarista de automobilismo, participa en carreiras de coches históricos e é embaixador mundial de Bentley. Bell é tamén un socio de Bentley Naples en Naples, Florida, USA. miniatura|left|Derek Bell participando na carreira de soporte do Grupo C en Le Mans 2012

O seu fillo maior, Justin Bell é tamén corredor. Os dous correron xuntos nas 24 Horas de Daytona de 1991 e nas 24 Horas de Le Mans de 1992.

Derek Bell ten tres fillos, Justin, Melanie e Sebastian e catro netos, Oscar, Tatiana, Oliver e Tallulah.

Rexistro de carreiras

Resultados completos na Fórmula Un (Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida. Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 Pos. Pts Scuderia Ferrari Ferrari 312/68 Ferrari V12 RSA ESP MON BEL NED FRA GBR ALE ITARet CAN USARet MEX NC 0 Bruce McLaren Motor Racing McLaren M9A Cosworth V8 RSA ESP MON NED FRA GBRRet ALE ITA CAN USA MEX NC 0 Tom Wheatcroft Racing Brabham BT26A Cosworth V8 RSA ESP MON BELRet NED FRA GBR ALE AUT ITA CAN 22º 1 Team Surtees Surtees TS7 USA6 MEX Team Surtees Surtees TS9 Cosworth V8 RSA ESP MON NED FRA GBRRet ALE AUT ITA CAN USA NC 0 Martini Racing Team Tecno PA123 Tecno12 en liña ARX RSA ESP MON BEL FRANSC GBR ALERet AUT ITANSC CANNTS USARet NC 0 Bang & Olufsen Team Surtees Surtees TS16 Cosworth V8 ARX BRA RSA ESP BEL MON SWE NED FRA GBRNSC ALE11 NC 0 Team Surtees AUTNSC ITANSC CANNSC USA

Resultados completos na Fórmula 1 fora do campionato (key) Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 1968 Scuderia Ferrari Ferrari 312 Ferrari V12 ROC INT OULRet 1969 Scuderia Ferrari Ferrari 312 Ferrari V12 ROC INT9 MAD OUL 1970 Tom Wheatcroft Racing Brabham BT26 Cosworth DFV ROCNTS INT OUL 1971 Tom Wheatcroft Racing March 701 Cosworth DFV ARX5 ROC Motul/Frank Williams Racing Cars QUE15 SPR INT RIN OUL VIC

Resultados completos nas Tasman Series Ano Equipo Chasis 1 2 3 4 5 6 7 Pos Pts 1969 Scuderia Veloce Ferrari Dino 246T/69 PUK4 LEVRet WIG5 TER5 LAK2 WAR2 SAN5 4º 21 1970 Wheatcroft Racing Brabham BT26 Cosworth LEV9 PUK2 WIGRet TERNTS SUR WAR SAN 10º 6

Resultados completos nas 24 Horas de Le Mans Ano Equipo Co-Pilotos Coche Clase voltas Pos. ClasePos. 1970 SpA Ferrari SEFAC Ronnie Peterson Ferrari 512S S5.0 39 Ret Ret 1971 John Wyer Automotive Engineering Ltd. Jo Siffert Porsche 917LH S5.0 Ret Ret 1972 Ecurie Francorchamps Teddy Pilette Richard Bond Ferrari 365 GTB/4 GT5.0 301 8º 4º 1973 Gulf Research Racing Howden Ganley Mirage M6-Ford Cosworth S3.0 163 Ret Ret 1974 Gulf Research Racing Mike Hailwood Gulf GR7-Ford Cosworth S3.0 317 4º 4º 1975 Gulf Research Racing Jacky Ickx Mirage GR8-Ford Cosworth S3.0 336 1º 1º 1976 Grand Touring Cars Inc. Vern Schuppan Mirage GR8-Ford Cosworth S3.0 326 5º 4º 1977 Renault Sport Jean-Pierre Jabouille Renault Alpine A442 S+2.0 257 Ret Ret 1978 Renault Sport Jean-Pierre Jarier Renault Alpine A442A S+2.0 162 Ret Ret 1979 Grand Touring Cars Inc. Ford Concessionaires France David Hobbs Vern Schuppan Mirage M10-Ford Cosworth S+2.0 262 Ret Ret 1980 Porsche System Al Holbert Porsche 924 Carrera GT GTP 305 13º 6º 1981 Porsche System Jacky Ickx Porsche 936 S+2.0 3541º1º 1982 Rothmans Porsche System Jacky Ickx Porsche 956 C 3591º1º 1983 Rothmans Porsche System Jacky Ickx Porsche 956 C 3702º2º 1985 Rothmans Porsche Hans-Joachim Stuck Porsche 962C C1 3673º3º 1986 Rothmans Porsche Al Holbert Hans-Joachim Stuck Porsche 962C C1 3681º1º 1987 Rothmans Porsche Hans-Joachim Stuck Al Holbert Porsche 962C C1 3551º1º 1988 Porsche AG Hans-Joachim Stuck Klaus Ludwig Porsche 962C C1 3942º2º 1989 Richard Lloyd Racing Tiff Needell James Weaver Porsche 962C GTi C1 339 Ret Ret 1990 Joest Porsche Racing Hans-Joachim Stuck Frank Jelinski Porsche 962C C1 350 4º 4º 1991 Konrad Motorsport Joest Porsche Racing Hans-Joachim Stuck Frank Jelinski Porsche 962C C2 347 7º 7º 1992 ADA Engineering Tiff Needell Justin Bell Porsche 962C GTi C3 284 12º 5º 1993 Courage Compétition Lionel Robert Pascal Fabre Courage C30LM-Porsche C2 347 10º 5º 1994 Gulf Oil Racing Robin Donovan Jürgen Lässig Kremer K8 Spyder-Porsche LMP1/C90 316 6th3º 1995 Harrods Mach One Racing David Price Racing Andy Wallace Justin Bell McLaren F1 GTR GT1 2963º2º 1996 Harrods Mach One Racing David Price Racing Andy Wallace Olivier Grouillard McLaren F1 GTR GT1 328 6º 5º

Resultados completos na Bathurst 1000 Ano Equipo Co-Pilotos Coche Clase Voltas Pos. ClasePos. 1977 Brian Foley Pty Limited Garry Leggatt Alfa Romeo 2000 Up to 2000cc 150 8º 1º 1978 Ron Hodgson Channel 7 Racing Dieter Quester Holden LX Torana SS A9X Hatchback A 5 Ret Ret 1979 Brian Foley P/L Phil McDonnell Alfa Romeo Alfetta GTV C 145 9º 2º 1980 Brian Foley Pty Ltd Phil McDonnell Alfa Romeo Alfetta GTV 2000 1601-2000cc 16 Ret Ret 1981 Peter Stuyvesant International Racing Allan Moffat Mazda RX-7 6 Cylinder & Rotary 119 3º 1º

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Derek Bell MBE – Páxina Oficial

Categoría:Nados en 1941 Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Inglaterra Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Ferrari Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de McLaren Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Brabham Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Surtees Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Tecno Categoría:Pilotos das 24 Horas de Le Mans Categoría:Pilotos das 24 Horas de Daytona