miniatura|250px|Martelo esquerdo dun vertebrado, apomorfía derivada da cartilaxe articular dos anfibios ancestrais.
En bioloxía sistemática e, en particular, en cladística, unha apomorfía é un trazo ou carácter biolóxico evolutivamente novidoso, unha novidade evolutiva derivada doutro trazo pertencente a un taxon ancestral filoxenéticamente próximo.
Apomorfía e plesiomorfía miniatura|400px|Este cladograma representa un carácter plesiomórfico (ancestral) ilustrado como un círculo negro, que neste caso é á súa vez simplesiomórfico, debido a que aparece en polo menos 2 grupos: A e B. O carácter ilustrado como un círculo gris é unha apomorfía porque é derivado do antecesor, e á súa vez sinapomorfía porque é compartido polo menos 2 grupos: C e D. O carácter círculo branco é unha apomorfía e, máis concretamente, unha autapomorfía, ao estar representado unicamente por un grupo: o E. Para evitar confusións, convén aclarar que A, B, C, D e E son taxons existentes, e F, G, H e I son antepasados comúns. O concepto de apomorfía oponse ao de plesiomorfía, que se refiere aos trazos historicamente máis antigos, dos cales derivan as apomorfías.
A distinción entre apomorfía e plesiomorfía non é absoluta, senón relativa a un nivel determinado da xerarquía sistemática: No contexto dos mamífeross como subtaxon dos tetrápodos, o martelo do oído medio é unha apomorfía. En relación con este óso, a cartilaxe articular dos anfibios (unha parte do maxilar inferior da que deriva a bigornia) é un carácter plesiomórfico. Se consideramos aos animais como un conxunto, a columna vertebral é unha apomorfía que caracteriza ao subtaxon dos vertebrados. Pero se queremos caracterizar a posesión de columna vertebral nun paxaro en relación ao taxon dos vertebrados, entón o trazo é plesiomórfico.
Sinapomorfías e autapomorfías
Cando se somete a análise un dendrograma, cladograma ou filograma, as apomorfías observadas (caracteres que difiren do taxon antepasado) pódense subdividir en dous subgrupos: Sinapomorfías: aquelas apomorfías compartidas por dous ou máis grupos. Autapomorfías: aquellas apomorfías que só aparecen nun grupo.
A orixe de novidades morfolóxicas é un dos asuntos máis debatidos en bioloxía evolutiva.
Etimoloxía O termo apomorfía está formado polos elementos do latín científico apo-, calco do grego antigo ἀπο-, derivado do adverbio ἀπό apó, "á parte", "lonxe", e -morfía, tirado da voz do grego antigo μορφή morphḗ, "forma". Literalmente: "forma separada".
Véxase tamén Outros artigos Cladística Carácter biolóxico Homoloxía Plesiomorfía Sinapomorfía Simplesiomorfía
Categoría:Bioloxía sistemática Categoría:Evolución