miniatura|230px|Hippolais polyglotta. miniatura|230px|Iduna natalensis. A dos acrocefálidos (Acrocephalidae) é unha familia de aves da orde dos paseriformes,Acrocephalidae Salvin, 1882 no ITIS. suborde dos páseros, infraorde dos paséridos e da superfamilia dos silvioideos.
A familia está integrada por 5 xéneros que agrupan unhas 60 especies coñecidas vulgarmente como folosas,folosa no dicionario da RAG. que antigamente estaban incluídas na familia dos sílvidos.
Características As especies desta familia adoitan seren paxaros bastante grandes, a maioría de cor parda olivácea nas partes superiores, mentres que a das partes inferiores varían da amarela á abrancazada.
Adoitan encontrarse en bosques abertos, xunqueiras e campos con herbas altas.
Os membros da familia están presentes no Vello Mundo, principalmente na Eurasia meridional e occidental e nas súas proximidades (ten algúns representantes en África), aínda que outros tamén se estenden até Oceanía.
Taxonomía
Descrición A familia foi descrita en 1882 polo ornitólogo e herpetólogo británico Osbert Salvin.
Etimoloxía O nome científico Acrocephalidae está formado sobre a base da raíz do nome do seu xénero tipo, Acrocephalus, coa adición da desinencia do latín científico -ideae, tirada da foma do grego antigo -ειδής, -eidḗs, da raíz de εἶδος, eĩdos "forma", "aspecto", "aparencia", usada para a formación dos nomes das familias de animais.
Pola súa parte, o nome Acrocephalus está formado polos elementos do latín científico acro- e -cephalus, derivados dos termos do grego antigo ἄκρος ákros, "agudo", "acabado en punta", "extremo", "punta", e κεφαλή cephalḗ, "cabeza", respectivamente.
Calasificación Segundo o ITIS, na actualidade recoñécense na familia os 5 xéneros seguintes:Acrocephalidae Salvin, 1882 no ITIS.
Acrocephalus J. A. Naumann & J. F. Naumann, 1811 Calamonastides Grant & Mackworth-Praed, 1940 Hippolais Conrad von Baldenstein, 1827 Iduna Keyserling & J. H. Blasius, 1840 Nesillas Oberholser, 1899
Notas
Véxase tamén
Bibliografía del Hoyo, J.; Collar, N. J.; Christie, D. A.; Elliott, A.; Fishpool, L. D. C.; Boesman, P. & Kirwan, G. M. (2016): HBW and BirdLife International Illustrated Checklist of the Birds of the World. Volume 2: Passerines. Bellaterra (Barcelona): Lynx Edicions ISBN 978-84-96553-98-9. Fregina, S.; Haasea, M.; Olsson, U. & Alström, P. (2009): "Multi-locus phylogeny of the family Acrocephalidae (Aves: Passeriformes) – The traditional taxonomy overthrown". Molecular Phylogenetics and Evolution 52 (3): 866–878. (Resumo)
Outros artigos Paseriformes Páseros Paséridos Silvioideos
Ligazóns externas Acrocephalidae na EOL. Famille des Acrocephalidae en Oiseaux.net . 61 Reed Warblers and allies Family Acrocephalidae na IOC World Bird List (Lista das aves do mundo, do International Ornithological Congress).