miniatura|130px|Tucano debuxado por Vigors en 1831. Nicholas Aylward Vigors, nado en 1785 en Old Leighlin, condado de Carlow, na provincia de Leinster (Irlanda) e finado o 26 de outubro de 1840 en Londres, foi un zoólogo e político irlandés.

Traxectoria Vigors estudou no Trinity College da Universidade de Oxford.

Serviu no exército británico durante a Guerra Peninsular (Guerra de Independencia española) de 1809 a 1811, e despois regresou a Oxford, graduándose en 1817.

Foi cofundador da Sociedade Zoolóxica de Londres en 1826, e ocupou a súa primeira secretaría até 1833. Foi tamén membro da Sociedade Linneana de Londres e da Royal Society.

Autor de 40 traballos, principalmente sobre ornitoloxía, escribiu o texto de John Gould's: A Century of Birds from the Himalaya Mountains (1830–32), e describiu o xénero Struthio da avestruz.

Como político Foi membro da Cámara dos Comúns polo distrito de Carlow de 1832 a 1835. Vigors gañou a posterior elección parcial do ano 1837, e conservou o seu escano até a súa su morte, en 1840.

Outras publicacións An inquiry into the nature and extent of poetic licence. Mackinlay & Bensley, Londres, 1810. A statement of persecutions on the part of certain Tory landlords in the County of Carlow. Ridgways, Londres, 1836.

Abreviatura A abreviatura Vigors emprégase para recoñecer a con autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Véxase tamén

Bibliografía

John Doyle (1797–1868): A design – partly taken from the antique of the destruction of the Niobe family. McLean, Londres 1841. Parliamentary Election Results in Ireland, 1801-1922, editado por B. M. Walker (Royal Irish Academy, 1978).

Ligazóns externas Arquivo da Royal Society. Artigo: Vigors, Nicholas Aylward (1785 - 1840). Hansard 1803–2005: Contribucións no Parlamento de Nicholas Vigors Información familiar en RootsWeb.

Categoría:Científicos de Irlanda Categoría:Científicos do Reino Unido Categoría:Zoólogos de Irlanda Categoría:Políticos de Irlanda Categoría:Membros do Parlamento do Reino Unido Categoría:Nados en 1785 Categoría:Nados en Leinster Categoría:Finados en 1840 Categoría:Ornitólogos de Irlanda