Aurelio Núñez Prieto, nado en Vilamartín de Valdeorras cara a 1895 e finado na Rúa nos anos corenta, foi un ferreiro e político galego.
Traxectoria Ferreiro, instalouse na Rúa. Afiliado á Sociedad de la Tierra de Fontei da UGT e militante do PSOE. Logo do triunfo da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936, foi designado concelleiro e nomeado despois alcalde da Rúa. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu e estivo agochado na casa da súa nai e na doutros veciños. Foi detido o 10 de febreiro de 1938 cando estaba agochado no faiado da súa casa no barrio da Estación da Rúa.La Región, 16-2-1938, p. 3. Non foi procesado. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en 1938,BOP Ourense, 23-3-1938, p. 1. do que resultou unha multa de 200 pesetas en 1941. Morreu de leucemia nos anos corenta. Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Expediente de responsabilidades políticas de Aurelio Núñez Prieto.
La mala suerte de don Aurelio
Categoría:Alcaldes da Rúa Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSOE Categoría:Nados en Vilamartín de Valdeorras Categoría:Nados en 1895 Categoría:Finados por leucemia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes