Daniel Góngora Rodríguez, coñecido como Dani Góngora, nado en Almería (Andalucía) o 11 de abril de 1994, é un futbolista profesional español que xoga de dianteiro no Real Jaén.
Traxectoria Nado en Almería, Andalucía, Góngora formouse nas categrías inferiores do Real Madrid, UCD La Cañada Atlético, Sevilla FC e Granada CF. O seu debut en categoría absoluta foi no ano 2013 co UD San Sebastián de los Reyes da Terceira División, xogando posteriormente nos Los Molinos CF e no Marino de Luanco. No ano 2016 asinou co CD Lugo da Segunda División, sendo asignado ao filial lucense da Primeira Autonómica. O 5 de marzo debuta co primeiro equipo na categoría de prata. saíndo en substitución de Fede Vico na derrota do equipo lucense por 1−2 no Anxo Carro ante a UD Almería.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en resultados-futbol.com
Categoría:Nados en 1994 Categoría:Nados en Almería Categoría:Futbolistas de Andalucía Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do CD Lugo B Categoría:Xogadores do CD Lugo Categoría:Xogadores do Real Jaén