Abrente é unha publicación da Real Academia Galega de Belas Artes "Nosa Señora do Rosario", destinada a difundir os estudos e traballos de investigación histórico-artística dos membros da mesma. O primeiro número foi publicado en 1969. O número 38 e posteriores encóntranse dispoñibles para a súa consulta en liña.

A revista Abrente conta con 7 seccións que tratan as diferentes manifestacións artísticas: Pintura e Gravado; Escultura; Arquitectura; Música; Arqueoloxía e Museoloxía; Artes da Imaxe e Expertos nas Artes.

Temas (revista en liña)

Volumes 38 e 39 Arquitectura eclesiástica Arte sacra Estudo de costumes toledanas Arquitectura militar Obra gráfica galega

Volumes 40 e 41 Arquitectura monástica e eclesiástica Música sacra Arquitectura pública Revistas galegas Pintura

Volumes 42 e 43 Arquitectura eclesiástica Cartografía Pintura e gravados Música

Volume 44 Reflexións arquitectónicas Camiño de Santiago Iconografía galega da Idade Media Pintura

Volume 45 Arte románica en Galiza Arquitectura árabe Picasso Arquitectura eclesiástica Conservación da arte medieval

Volume 46 Arquitectura eclesiástica Arquitectura penitenciaria Arquitectura moderna Castelao como pintor Arte compostelá Montaxe do Guernica

Normas de publicación As normas de publicación orixinais encóntranse na páxina oficial da Real Academia Galega de Belas Artes. Os artigos poden ser escritos tanto en castelán como en galego. A publicación da revista tivo periodicidade anual até o nº 46 (2014).

Equipo directivo (último número)

Directora: María de las Mercedes Goicoa Fernández (Presidenta da R.A.G. de BB.AA) Secretario: Ramón Yzquierdo Perrín

Comité de redacción María Victoria Carballo-Calero Ramos Xurxo Lobato Sánchez Xosé López Calo Acisclo Manzano Freire José Carlos Valle Pérez Ramón Yzquierdo Perrín

Comité científico Joaquín Cánovas Belchí Mireia Freixa Serra Antonio Garrido Moreno José Luis Gutiérrez Robledo María del Carmen Lacarra Ducay María del Mar Lozano Bartolozzi Pedro de Llano Cabado Luigi Marino Ferdinando Maurici José Miguel Merino de Cáceres María de las Cruces Morales Saro Carmen Morte García Pedro Navascués Palacio Juan Francisco Noguera Giménez Francisco Javier de la Plaza Santiago Concepción Porras Gil Alberto Villar Movellán

Autores destacados Xosé Filgueira Valverde Rogelio Groba y Groba Ángel del Castillo Francisco Vales Villamarín Emilia Pardo Bazán Eusebio da Guarda (Presidente de Honor)

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña Ligazóns externas Información sobre a revista na páxina web da Academia Galega de Belas Artes.

Categoría:Real Academia Galega de Belas Artes Categoría:Revistas editadas en Galicia Categoría:Revistas en lingua castelá Categoría:Revistas en lingua galega