A Mesa dos pecados capitais é un cadro de Hieronymus Bosch, o Bosco,Silva (2016), p. 302. ou dun seguidor do mestre.Ilsink, Matthijs; Koldeweij, Jos (2016). Hieronymus Bosch: Painter and Draughtsman – Catalogue raisonné. Yale University Press. p. 504 É un óleo sobre táboa cuxo primeiro destinatario e función descoñécense. Ó servirse como soporte de madeira de chopo, máis lixeira que a habitual madeira de carballo, non foi posible datar a antigüidade da táboa por dendrocronoloxía e, como as restantes obras da contorna do Bosco, a data da súa creación é discutida, aínda que vestidos e outros detalles como o debuxo subxacente, apuntan ós últimos anos de vida do pintor. A sinatura, «Jheronimus bosch» é presumiblemente auténtica.Silva (2016), p. 303. Mide 119,5 cm de alto e 139,8 cm de ancho. Exhíbese no Museo do Prado de Madrid, como depósito de Patrimonio Nacional.

Historia Esta táboa foi adquirida polo monarca Filipe II de España antes de 1560 e depositada no mosteiro do Escorial coa primeira entrega de obras artísticas en 1574. Trasladouse ó Museo do Prado durante a Guerra Civil española pola Xunta Delegada de Incautación, Protección e Salvamento do Tesouro Artístico de Madrid. Felipe de Guevara ocupouse da Mesa con moitos eloxios nos seus Comentarios da pintura de cara a 1560. Guevara referíase a ela nunha pasaxe polémica no que, tratando das «cousas de Boshc» e dirixíndose ó monarca propietario da Mesa, falaba tamén dun imitador da obra do Bosco, tan devoto do mestre que asinaba as súas obras co seu nome, atribuíndo a Mesa ó discípulo, aínda que no Escorial estivo sempre atribuída ó propio Bosco.Silva (2016), pp. 304-305.

Os estudos técnicos realizados no Museo do Prado con motivo do quinto centenario da morte do pintor, completando os estudos técnicos realizados en 1987 e 2001 por Carmen Garrido e Roger Van Schoute, permiten confirmar a autoría do Bosco.Silva (2016), pp. 305-312, incluíndo detalles do debuxo subxacente obtidos por reflectografía infrarroxa.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía en castelán

Monreal, L., Grandes Museos, Vol. 1, Planeta, 1975. ISBN 84-320-0460-X (obra completa) Carrassat, P.F.R., Maestros de la pintura, Spes Editorial, S.L., 2005. ISBN 84-8332-597-7 Romano, E. (dir.), "Bosco", "Los grandes genios del arte", n.º 25, Unidad Editorial, S.A., 2005, ISBN 84-89780-69-2 Cirlot, L. (dir.), Museo del Prado I, Col. «Museos del Mundo», Tomo 6, Espasa, 2007. ISBN 978-84-674-3809-3, pp. 158–159 Ilsink, Matthijs; Koldeweij, Jos (2016). Hieronymus Bosch: Painter and Draughtsman – Catalogue raisonné. Yale University Press. p. 504. ISBN 978-0-300-22014-8. Ligazóns externas Artigo no sitio web do Museo do Prado, . Análise da obra, .

Categoría:Cadros do Museo do Prado Categoría:Obras pictóricas do Bosco