A Adoración dos Magos é un tríptico realizado polo pintor alemán Hans Memling. Está realizado en óleo sobre táboa, e foi pintado en 1479-80. A táboa central mide 147,5 cm de ancho e 96 cm de alto. As táboas laterais ou ás, miden 63 cm de ancho e 98 cm de alto. Exhíbese no Museo do Prado de Madrid.

A este tríptico da Adoración dos Magos coñéceselle tamén como «tríptico do Prado». Está formado por tres partes: a á esquerda é unha Natividade, o panel central unha Adoración dos Reis Magos, a á dereita é unha Presentación no Templo. Debido á elección dos temas, así como pola súa representación, este tríptico achégase ó de Jan Floreins e ó Políptico Hulin de Loo.

Descrición Perdeuse o rastro das caras exteriores das ás. Tamén se lle chama «Tríptico de Carlos V» porque se conservou no «oratorio de Carlos V» no Palacio Real de Aranjuez. Trátase dunha das obras máis coñecidas de Memling, aceptada pola totalidade dos autores.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Cadros do Museo do Prado