2017 (MMXVII) foi un ano común do calendario gregoriano, que comezou en domingo.

A ONU declarou o 2017 como o Ano Internacional do Turismo Sustentable para o Desenvolvemento , coa intención de promover esa actividade económica creando conciencia da importancia de impulsala e desempeñala responsablemente.

O Día das Letras Galegas estivo adicado a Carlos Casares.

O Goberno español declarou o ano 2017 como Ano da Retina en España.Orden PRE/711/2016, de 12 de mayo, por la que se crea el órgano administrativo encargado de la ejecución del programa de apoyo a la celebración del acontecimiento de excepcional interés público "2017: Año de la retina en España" (BOE nº 116, do 13 de maio).

Acontecementos miniatura|Toma de posesión de Trump.

Xaneiro 1 de xaneiro: Un home armado entra nunha discoteca de Istanbul e dispara contra os asistentes, causando 39 mortos e varios feridos. 2 de xaneiro: En Bagdad un coche bomba causa máis de 50 mortos. 16 de xaneiro: Esnáfrase o Voo 6491 de Turkish Airlines. 20 de xaneiro: Donald Trump toma posesión da presidencia dos Estados Unidos de América. 25 de xaneiro - Buchi Emecheta, escritora nixeriana residente no Reino Unido (n. 1944)

Maio 13 de maio: Final do Festival de Eurovisión 2017.

Xuño 14-24 de xuño: Un incendio forestal no Distrito de Leiria, Portugal causa máis de sesenta mortos, máis dun cento de feridos e cuantiosos danos materiais.

Agosto 17 de agosto: Nun atentado terrorista en Barcelona, unha furgoneta invade as Ramblas, atropelando a máis dun cento de persoas, causando máis dunha ducia de mortos.

Setembro 19 de setembro: En México, un terremoto de 7,1 graos na escala de Richter causa máis de dúas centenas de mortos.

Outubro Furacán Ophelia de 2017 Vaga de incendios forestais de 2017 en Galicia 27 de outubro: O Parlamento de Cataluña proclamou a República Catalá.

Mortes

Notas