A dos triquiurinos (Trichiurinae) é unha subfamilia de peixes teleósteos da orde dos perciformes, suborde dos escombroideos, unha das tres nas que se subdivide a familia dos triquiúridos.<ref name=W>[http://www.marinespecies.org/aphia.php?p=taxdetails&id=151798 Trichiurinae Rafinesque, 1810] no WoRMS,</ref>
Estes peixes son coñecidos vulgarmente como sabres,sabre 2 ANIMAL/ICT1 Peixe, que pertence aos xéneros Ruvettus, Trichiurus, Nesiarchus, que se caracteriza por presentar o corpo comprimido e fino. No Dicionario de galego, Vigo, Ir Indo, 2004, ISB N 84-7680.504-7.Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8, p. 178. ou peixes sabre.Trichurus lepturus Linnaeus, 1758, en: Rodríguez Villanueva et al. (1994), pp. 226-227.
Características Os peixes desta subfamilia son longos, delgados e xeralmente de cores azulada ou prateada. Reduciron considerablemente as aletas pelvianas e a caudal (que ás veces están ausentes), o que lles dá un aspecto similar a unha anguía. Son depredadores, e a súa boca é grande e está armada con dentes longos e afiados.Johnson, G. D. & Gill, A. C. (1998), en Paxton, J. R. & Eschmeyer, W. N., eds. Encyclopedia of Fishes. San Diego: Academic Press. ISBN 0-12-547665-5, p. 190.
Taxonomía Descrición A subfamilia foi descrita en 1810 polo polímata, naturalista, meteorólogo e arqueólogo estadounidense de orixe franco-xermana-italiana Constantine Samuel Rafinesque-Schmaltz, autor coñecido como Rafinesque, na súa obra Indice d'ittiologia siciliana ossia catalogo metodico dei nomi latini, italiani, e siciliani, e siciliani dei pesci, che si rinvengono in Sicilia disposti secondo un metodo naturale eseguito da un appendice che contiene la descrizione di alcuni nuovi pesci siciliani. Ill Opuscolo del signore C. S. Rafinesque Schmaltz, publicada en Messina, Sicilia (Italia).
Etimoloxía O nome da subfamilia está construído normalmante, sobre a base da raíz do nome do seu xénero tipo, Trichiurus, engadíndolle a desinencia do latín científico -inae, propia dos nomes das subfamilias de animais.
Clasificación Segundo o WoRMS a subfamilia comprende catro xéneros, coas especies seguintes:
Xénero Demissolinea Burhanuddin & Iwatsuki, 2003 Demissolinea novaeguineensis Burhanuddin & Iwatsuki, 2003 Xénero Lepturacanthus Fowler, 1905 Lepturacanthus pantului (Gupta, 1966) Lepturacanthus roelandti (Bleeker, 1860) Lepturacanthus savala (Cuvier, 1829) Xénero Tentoriceps Whitley, 1948 Tentoriceps cristatus (Klunzinger, 1884) Xénero Trichiurus Linnaeus, 1758 Trichiurus auriga Klunzinger, 1884 Trichiurus australis Chakraborty, Burhanuddin & Iwatsuki, 2005 Trichiurus brevis Wang & You, 1992 Trichiurus gangeticus Gupta, 1966 Trichiurus lepturus Linnaeus, 1758 Trichiurus margarites Li, 1992 Trichiurus nanhaiensis Wang & Xu, 1992 Trichiurus nickolensis Burhanuddin & Iwatsuki, 2003 Trichiurus russelli Dutt & Thankam, 1967
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Burton, Maurice & Robert Burton (1984): Encyclopedia of Fish. Saint Louis, EE.UU.: BPC Publishing. ISBN 0-7064-0393-2. Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7. Rodríguez Villanueva, Xosé Luís e Xavier Vázquez Álvarez (1992): Peixes do mar de Galicia (II). Peixes óseos: xeneralidades, clasificación e orde perciformes. Vigo: Xerais. ISBN 84-7507-793-5, pp. 224–229.
Outros artigos Triquiúridos
Ligazóns externas Subfamily Trichiurinae Rafinesque-Schmaltz 1815 en Fossilworks. ''Trichiurinae Rafinesque, 1810 no WoRMS. Trichiurinae no ITIS. Trichiurinae no NCBI. Trichiurinae na EOL.
Categoría:Perciformes