A arte da guerra (chinés: 孫子兵法; chinés simplificado: 孙子兵法; pinyin: Sūnzi bīngfǎ, literalmente "Estratexia Militar do mestre Sun") é un antigo libro chinés que trata sobre tácticas e estratexias militares. É a obra do pensador chinés Sun Tzu (544 aC - 496 aC). Crese que foi compilado a finais do Período de Primavera e Outono ou a principios do Período dos Reinos Combatentes, presúmese pois, que foi escrito cara ó ano 500 antes da nosa era, representando así o tratado militar máis antigo que se coñece.Griffith, Samuel B. The Illustrated Art of War. 2005. Oxford University Press. p. 17, 141-143.

O texto componse de 13 capítulos, cada un dos cales está dedicado a un aspecto da guerra. Coñécese comunmente como a obra definitiva sobre estratexia militar e táctica do seu tempo. Foi o máis famoso e influente dos Sete Clásicos Militares da China, e: "Durante os últimos dous mil anos segue sendo o tratado militar máis importante en Asia, onde mesmo a xente do pobo o coñecía polo seu nome." Foi e segue sendo estudado por todos aqueles estrategas militares que dirixiron exércitos e aínda é a miúdo utilizado na actualidade debido ó feito que as súas ensinanzas poden ser aplicadas noutras moitas áreas máis aló dos conflitos armados.

O libro foi traducido por primeira vez ó francés en 1772 polo xesuíta Jean Joseph Marie Amiot e unha tradución parcial ó inglés foi tentada polo oficial británico Everard Ferguson Calthrop en 1905. A primeira tradución inglesa foi completada e publicada por Lionel Giles en 1910.

A obra foi publicada en galego no 2013 por Teófilo Edicións, con tradución de Xulio Ríos."A Arte da Guerra" de Sun Zi, un clásico chinés na nosa lingua artigo en Sermos Galiza

Orixe miniatura|left|Taboíñas de bambú desenterradas en 1972 na montaña Yinque, cidade de Linyin, Shandong. Inclúe unha copia de "A arte da guerra", data do século II a. C. O autor de "A arte da guerra" foi Sun Zi ou Sun Tzu, o seu nome oficial. Os relatos tradicionais afirmaban que o seu descendente, Sun Bin (孙膑/sūn bìn), tamén escribiu un tratado sobre tácticas militares, titulado A arte da guerra de Sun Bin (孙膑兵法/ sūn bìn bīngfǎ). Tanto Sun Tzu como Sun Bin son referidos como Sun Tzu nos escritos chineses clásicos, e algúns historiadores creron que ambos eran a mesma persoa, con todo, grazas ó descubrimento de varios rolos de bambú desenterrados en 1972 na Montaña do Pardal de Prata (Yinqueshan), na cidade de Linyin, Shandong, confírmase que Sun Bin escribiu a súa propia arte da guerra.

Considérase que o texto foi escrito cara ó último terzo do século IV a.C. Este texto deuse a coñecer en Europa a finais do século XVIII. A súa primeira aparición foi a edición francesa de 1772 en París, do xesuíta Jean Joseph-Marie Amiot, foi titulada Art Militaire des Chinois.

A obra amosa a intelixencia e a frescura dos ensaios de Sun Tzu. Nela, explica con detalle os preparativos previos á guerra: estratexias de engano, disposición das tropas no campo de batalla, armamento necesario, carros de combate, etc. A idea principal é mostrar como vencer ó inimigo sen un enfrontamento real: simplemente impoñendo unha moral dominante, infundindo o medo ó inimigo para así poder vencer sen chegar á batalla.

En tempos recentes, o libro foi utilizado como guía en programas de administración de empresas dedicados á xestión de conflitos e a cultura corporativa. Numerosos homes de negocios din atopar maneiras de resolver os seus conflitos nas estratexias e tácticas descritas por Sun Tzu.Floyd, Raymond E. http://www.allbusiness.com/management/benchmarking-strategic-planning/338250-1.html

A arte da guerra é un dos libros máis antigos que se escribiron. Foi o primeiro intento coñecido sobre leccións de guerra.

Temas Sun Tzu considerou a guerra como un mal necesario que se ten que evitar sempre que sexa posible. Segundo el a guerra ten que ser combativa e rápida para evitar perdas económicas: "Nunca ningunha guerra longa beneficiou ningún país: 100 vitorias en 100 batallas é algo simplemente ridículo. Calquera persoa que se destaca na derrota dos seus inimigos triunfa antes de que a ameaza do seu inimigo se faga realidade.". Segundo o libro, hai que evitar as matanzas e atrocidades, porque isto pode provocar resistencia e posiblemente pode permitir que un inimigo cambie a guerra no seu favor.Nicolas Werth, Karel Bartošek, Jean-Louis Panné, Jean-Louis Margolin, Andrzej Paczkowski, Stéphane Courtois, The Black Book of Communism: Crimes, Terror, Repression, Harvard University Press, 1999, hardcover, 858 pages, , page 467. Para o vencedor, "a mellor política é capturar o estado intacto, soamente ten que ser destruído se non hai outras opcións dispoñibles".

Sun Tzu salientou a importancia da posición na estratexia militar. A decisión de situar un exército tense que basear en dúas condicións obxectivas, na contorna física e as crenzas subxectivas dos outros actores con competencia nesta contorna. Pensou que a estratexia non era planear no sentido de traballar a través dunha lista establecida, senón que esixe respostas rápidas e adecuadas ás condicións cambiantes. Non planear nunha contorna controlada, senón nunha contorna cambiante onde os plans que compiten chocan, creando situacións inesperadas.

Estrutura O tratado está composto de trece capítulos (o piān), onde en cada capítulo é abordado un aspecto da estratexia de guerra, de modo que se compón un panorama de todos os eventos e estratexias que deben ser abordados nun combate racional. Este conxunto, denomínase un zhuàn ("todo" ou, alternativamente, "crónica").

Acredítase que o libro teña sido usado por diversos estrategos a través da historia como Napoleón, Adolf Hitler e Mao Tse Tung. Malia a antigüidade da obra, ningunha obra ou tratado é tan comprensíbel e tan actual canto á Arte da Guerra. Co seu carácter sentencioso, Sun Tzu forxa a figura dun xeneral cuxas cualidades son o segredo, o disimulo e a sorpresa. Aínda que as tácticas bélicas teñan mudado desde a época de Sun Tzu, ese tratado tería influenciado, segundo a Enciclopedia Británica, certos estrategos modernos como Mao Tsé-Tung, na súa loita contra os xaponeses e os chineses nacionalistas.

Hoxe en día, o libro parece estar destinado a secundar outra guerra: a das empresas no mundo dos negocios. Así, o libro migrou dos estantes dos estrategos para os do economista e do administrador.

Os trece capítulos de A arte da guerra Cálculos preliminares (chinés: 作戰): explora os cinco factores fundamentais (a Forma, estacións, terreo, liderado e xestión) e os sete elementos que determinan o desenlace de accións militares. Pensando, avaliando e comparando estes puntos, un comandante pode calcular as súas probabilidades de vitoria. A desviación destes cálculos pode dar lugar ó fracaso debido ó uso de accións incorrectas. O texto expón que a guerra é unha cuestión moi importante para as nacións e que non se pode levar a cabo sen considerar a fondo todos os factores. Os preparativos da guerra (chinés: 謀攻): explica como entender a economía da guerra e como o éxito require ganancias decisivas de forma rápida. Esta sección explica que o éxito en campañas militares require limitar o custo do conflito. Plan do ataque (chinés: 軍形): define que a unidade é a orixe da forza e non a medida e lista os cinco principais factores que son necesarios en calquera guerra. En orde de importancia estes factores son: ataque, estratexia, alianzas, exército e cidades. Demostración do poderío militar (chinés: 軍形): Explica a importancia de defender as posicións existentes ata que un comandante sexa capaz de avanzar de forma segura destas posicións. Ensina ós comandantes a importancia de recoñecer oportunidades estratéxicas e a non dar ocasións ó inimigo. Disposición do potencial militar (en chinés: 兵勢): Explica o uso da creatividade e o tempo á hora de dar forza a un exército. O cheo e o baleiro (chinés: 虛實): Explica como as oportunidades dun exército proveñen de gretas na contorna causadas por debilidades relativas do inimigo nunha zona dada. As manobras ou a loita (chinés: 軍爭): Explica os perigos do conflito directo e como gañar estas confrontacións cando estas son forzadas polos mandos. Resolución de nove circunstancias (chinés: 九變): Céntrase nas necesidades de flexibilidade na resposta do exército. Explica como responder ás circunstancias cambiantes de forma satisfactoria. A marcha das tropas (chinés: 行軍): Describe as diferentes situacións nas cales un exército pode atoparse ó moverse cara a novos territorios e como responder a estas situacións. Gran parte desta sección céntrase en avaliar as intencións dos outros. Topografía militar (chinés: 地形): Explica as tres áreas xerais de resistencia (distancia, perigos e barreiras) e os seis tipos de posicións que resultan. Cada unha das seis situacións teñen vantaxes e desvantaxes. As nove configuracións do terreo (chinés: 九地): Describe as nove situacións (ou etapas) nunha campaña, de dispersión a morte, e a aproximación que un comandante pode necesitar para afrontalas. Ataques con lume (chinés: 火攻): Explica o uso xeral de armas e como utilizar a contorna coma se fose unha arma. Esta sección examina os cinco obxectivos para atacar e os cinco tipos de ataques ambientais e as respostas apropiadas a estes ataques. O aproveitamento de espías (chinés: 用間); Céntrase na importancia de desenvolver boas fontes de información e especifica os cinco tipos de fontes de intelixencia e como xestionalas.

Aplicacións En varios países do leste asiático, a Arte da Guerra foi considerado parte do plan de estudos para potenciais candidatos para exames do servizo militar. Hai varias traducións dispoñibles en diferentes idiomas asiáticos.

Aplicacións militares Durante a era Sengoku no Xapón, díxose que un dàimio chamado Takeda Shingen (1521-1573) converteuse en case invulnerable a todas as batallas sen utilizar armas de fogo grazas ós seus coñecementos da Arte da Guerra. O libro mesmo o inspirou na a súa famosa batalla "Fūrinkazan" (Vento, Bosque, Lume e Montaña), que significa rápido como o vento, silencioso como o bosque, feroz como o lume e inamovible como a montaña.Furinkazan, military strategy (en inglés)

O tradutor Samuel B. Griffith engadiu un capítulo chamado Sunzi e Mao Tse-tung onde se cita o libro como unha influencia para Mao nas súas obras Sobre a Guerra de Guerrillas, Sobre a Guerra Prolongada e Problemas Estratéxicos da Guerra Revolucionaria da China e inclúe a cita de Mao: "Non temos que desprezar os ditos do libro de Sun Tzu, o grande experto militar da China antiga. Coñece o teu inimigo e coñécete a ti mesmo e poderás loitar mil batallas sen perder.".

Dise que durante a Guerra do Vietnam, algúns oficiais do Vietcong estudaban o libro e podían recitar pasaxes de memoria.

O xeneral Vo Nguyen Giap utilizou tácticas descritas na Arte da Guerra na Batalla de Dien Bien Phu, acabando coa maior parte da dominación colonial francesa e que conduce aos acordos que dividiron Vietnam ó Norte e ó Sur. O xeneral Vo, máis tarde, foi o principal comandante militar do PVA na Guerra do Vietnam, foi un ávido estudante e practicante das ideas de Sun Tzu. A derrota dos Estados Unidos no Vietnam, máis que calquera outro acontecemento, levou a Sun Tzu a ter a atención dos líderes da teoría militar norteamericana.Interview with Dr. William Duiker, Conversation with Sonshi McCready, Douglas. Learning from Sun Tzu, Military Review, May–June 2003.Forbes, Andrew; Henley, David (2012). The Illustrated Art of War: Sun Tzu. Chiang Mai: Cognoscenti Books. ASIN: B00B91XX8U É aínda hoxe en día un libro de referencia para este exército, onde se recomenda que as diferentes unidades teñan un exemplar para ser consultado e é un documento frecuente de traballo. É, ademais, lectura recomendada para todo o persoal militar de intelixencia e obrigatoria para os oficiais da CIA.