Arlindo do Carmo Pires Barbeitos, nado en Catete o 24 de decembro de 1940 e finado en Luanda o 21 de marzo de 2021, foi un poeta angolano.
Traxectoria En 1957 estableceuse en Portugal para estudar socioloxía, deixando o país poucos anos despois por motivos políticos Exliiouse en Francia e Alemaña, e estudou socioloxía, antropoloxía, filosofía, economía e estatística na Universidade de Frankfurt. En 1971 entrou no Movemento Popular para a Liberación de Angola, que loitaba pola independencia, e regresou á súa terra para dar clases na Fronte Leste. En 1972 regresou a Portugal para tratarse dunha doenza, e comezou o seu doutoramento en etnoloxía.
En 1975, coa independencia de Angola, regresou ao país. Foi profesor no Lubango, enviado cultural en Alxeria, e tradutor do primeiro presidente angolano, Agostinho Neto.
Faleceu o 31 de marzo de 2021, en Luanda, só 11 días despois da morte da súa esposa, Maria Alexandre Dáskalos.
Obra Angola Angolê Angolema (1975) Nzoji (Sonho) (1979) O rio estórias de regresso (1985) Fiapos de Sonho (1990) Na Leveza do Luar Crescente (1998)
Notas
Categoría:Nados en 1940 Categoría:Nados na provincia de Bengo Categoría:Finados en 2021 Categoría:Escritores en lingua portuguesa Categoría:Escritores de Angola Categoría:Poetas en lingua portuguesa