O Mercado Municipal de Santo Agostiño, comunmente coñecido polo seu nome en español Mercado de San Agustín, é un mercado de alimentación ou praza de abastos propiedade do Concello da Coruña. Foi construído entre 1932 e 1938 baixo deseño dos arquitectos municipais Antonio Tenreiro e Santiago Rey Pedreira sobre os terreos doutro mercado preexistente que contaba con equipamentos moito máis básicos.
Desde 1898, distintos autores como Pedro Mariño e Antonio de Mesa xa aportaran tres proxectos de mercados de ferro, todos rexeitados por cuestións económicas, xa que no período de entreguerras a construción do predio en ferro non era realmente viábel por mor da escaseza deste material. Finalmente, a obra tomaría a mesma solución construtiva, formal e funcional do Mercado Central de Reims, obra de Maigrot e Freyssinet, de 1927. A cubrición do espazo cunha lámina de formigón parabólica, estabilizada por pequenas bóvedas transversais nos lados máis longos, sería un modelo amplamente utilizado neste tipo de construcións. O cálculo da bóveda realizouno o enxeñeiro Eduardo Torroja.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Praza de abastos
Ligazóns externas Mercado Municipal de Santo Agostiño na web oficial do Concello da Coruña Ficha en do.co.mo.mo. El mercado de San Agustín: nuestra casa efímera
Categoría:Arquitectura civil na Coruña Categoría:Mercados de Galicia