Jacobo Fernández Serrano, nado en Vigo en 1971 e un ilustrador galego, ademais de escritor, pintor e autor de banda deseñada.
Traxectoria Licenciouse en Belas Artes pola Universidade Complutense de Madrid en 1994Ficha do autor en Culturagalega.org.
Como autor de literatura infantil publicou na colección Merlín de Xerais os libros A gardería de dona Bixelmina (2005), A pedra e as formigas (2006), Mil cousas poden pasar. Libro I (2009, Premio Merlín) e Mil cousas poden pasar. Libro 2 (2011).
Iniciouse na ilustración de libros de literatura infantil en Xerais coa serie de libros As aventuras de Nunavut de Xoán Abeleira. Tamén se encargou de ilustrar libros de texto, dicionarios, guías, carteis etc. É, tamén, autor da serie de banda deseñada Os amigos de Archimboldo Roque, publicada na revista Golfiño entre 2000 e 2004 e recollida no volume homónimo publicado por Faktoría K (2008). Colaborou en Dos Veces Breve e na revista BD Banda.
Co álbum de Aventuras de Cacauequi obtivo o premio Castelao da Deputación da Coruña de Banda Deseñada en 2007, e o nomeamento ao Premio Expocómic 2008 de Madrid e do Salón do Cómic de Barcelona, no apartado de autor revelación en España.
Creou tamén a obra infantil Marcopola. A illa Remeira e da novela gráfica Lois Pereiro. Breve encontro (Xerais, 2011). Traballa de xeito habitual para editoriais galegas como Sushi Books, Hugin e Munin, Xerais ou Kalandraka.
Obra
A gardería de dona Bixelmina (2005). Vigo: Xerais, col. Merlín. A pedra e as formigas (2006). Vigo: Xerais, col. Merlín. Mil cousas poden pasar. Libro I (2009). Vigo: Xerais, col. Merlín, premio Merlín de literatura infantil. Verdades de plastilina (Xunta de Galicia e Gálix, 2010) colección Lagarto Pintado, con Yolanda Castaño, Charo Pita e Xavier Queipo. Mil cousas poden pasar. Libro 2 (2011). Vigo: Xerais, col. Merlín.
E o autor e ilustrador da serie Marcopola. A illa remeira:
Marcopola 1. As orixes de Marcopola (2012). Vigo: Xerais. Marcopola 2. Os Piratas da Lúa (2013). Vigo: Xerais. Marcopola 3. Dragoneta! (2014). Vigo: Xerais. Marcopola 4. Avoa Power (2016). Vigo: Xerais. Marcopola 5. Terra adentro (2026). Vigo: Xerais.
Ilustración As aventuras de Nunavut de Xoán Abeleira catro libros:
O nacemento de Nunavut (2003). Un día de caza (2003). Sedna, a deusa do mar (2004). O caribú namorado (2005)
Novela gráfica
Lois Pereiro. Breve encontro (2011) . Vigo: Xerais.
Vida persoal
É irmán do tamén ilustrador e debuxante Norberto Fernández.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Blog do autor Entrevista en Biosbardia Ficha en Xerais
Categoría:Ilustradores de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en 1971 Categoría:Nados en Vigo Categoría:Gañadores do Premio Merlín Categoría:Escritores de literatura infantil de Galicia Categoría:Personalidades da banda deseñada de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid