Casal de Eirigo é un lugar da parroquia de Setecoros, no concello pontevedrés de Valga, na comarca de Caldas. Segundo o IGE, en 2022 tiña 184 habitantes (94 homes e 90 mulleres).
Patrimonio Casal de Eirigo é unha localidade da etapa Caldas de Reis-Padrón do Camiño Portugués a Santiago de Compostela. En 1809, no marco da guerra da Independencia Española, tivo lugar a batalla de Casal de Eirigo. Tras a vitoria fronte ás tropas francesas, ergueuse a ermida da Virxe da Saúde.
Lugares e parroquias Lugares de Setecoros
Parroquias de Valga
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Valga
Categoría:Lugares de Valga Categoría:Localidades do Camiño Portugués
Categoría:Artigos creados co asistente para a creación de artigos