Estado laico é aquel que actúa con independencia respecto de calquera organización ou confesión relixiosa. As autoridades políticas do dito estado non se adhiren publicamente a ningunha relixión determinada do cal se tira que as crenzas relixiosas non deben influír sobre a política estatal.
Nun sentido estrito a condición de Estado laico supón a nula inxerencia de calquera organización ou confesión relixiosa no goberno do mesmo, xa sexa, no poder lexislativo, o executivo ou o xudicial. Nun sentido laxo un Estado laico é aquel que é neutral en materia de relixión polo que non exerce apoio nin oposición explícita ou implícita a ningunha organización ou confesión relixiosa. É importante sinalar que non todos os Estados que se declaran laicos o son nun nivel práctico.
A diferenza do Estado laico, un Estado aconfesional é aquel que non se adhire e non recoñece como oficial ningunha relixión en concreto, aínda que poida ter acordos (colaborativos ou de axuda económica principalmente) con certas institucións relixiosas.
Véxase tamén Bibliografía Temperman, Jeroen, State Religion Relationships and Human Rights Law: Towards a Right to Religiously Neutral Governance, BRILL, 2010, ISBN 9004181482
Ligazóns externas Observatoire de la laïcité À l’école, la laïcité, la diversité culturelle et la question identitaire, artigo de Alain Seksig en Sens public o 14 de setembro de 2004.
Categoría:Laicismo Categoría:Formas de estado