miniatura|Papeleta dos candidatos ao Senado por Pontevedra nas Eleccións Xerais de 2016.

Miguel Fidalgo Iglesias, nado en Vigo en 1971, é un economista e político galego do PPdeG.

Traxectoria Licenciado en Ciencias Empresariais e Ciencias Económicas e máster en Dirección Comercial e Mercadotecnia. Concelleiro do PP no Concello de Vigo (2007-2015). É vogal do Comité Executivo Provincial do PP de Pontevedra. Nas eleccións xerais de 2015 presentouse ao Senado pola provincia de Pontevedra e foi elixido senador. Repetiu candidatura e volveu obter escano nas eleccións xerais de 2016 e nas Eleccións Xerais de abril de 2019. Non foi na lista nas Eleccións Xerais de novembro de 2019.

Véxase tamén Outros artigos Lista de senadores galegos desde a Transición Ligazóns externas Ficha no Senado

Categoría:Políticos do PPdeG Categoría:Concelleiros de Vigo Categoría:Senadores por Pontevedra Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1971