A Casa-pazo de Vaamonde ou pazo de Vaamonde é un pazo urbano construído no século XVIII en Santiago de Compostela. Na actualidade acolle o Consorcio de Santiago.

Localización A casa áchase na zona vella de Santiago de Compostela, no cantón entre a rúa do Vilar número 59 e a calella de Entrerrúas, a máis estreita da vila.

Descrición O edificio foi ergueito no século XVIII e curiosamente sobresae do aliñamento das casas acaroadas da rúa. Está formado pola planta terrea, con soportais de arcos de volta perfecta e dous andares, o segundo con balcón. Na fachada do primeiro andar, entre as fiestras salienta un grande escudo. Tamén é de salientar o petador da porta, obra do escultor Francisco Asorey, e tamén a rechamadeira cristaleira da porta interiorTurismo de Santiago de Compostela. No interior atópase unha escaleira principal cunha escultura en madeira realizada polo escultor J. Rivas o 25 de xullo de 1932. Subindo para da escaleira principal hai unha escaleira de servizo máis sinxela e estreita.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Categoría:Arquitectura civil en Santiago de Compostela Vaamonde Categoría:Arquitectura barroca en Galicia