miniatura|O Pazo de Vaamonde é a sede do Consorcio de Santiago. O Consorcio de Santiago é un organismo nacido no ano 1991 (Real Padroado da Cidade de Santiago de Compostela), a partir da reformulación dun organismo que xa existía dende 1964, co obxectivo principal de coordinar e promover as accións do Goberno de España, Xunta de Galicia e Concello de Santiago de Compostela, orientadas á preservación e revitalización da cidade de Santiago de Compostela e do seu patrimonio cultural, nos seus aspectos histórico-artísticos e arquitectónicos, e tamén á difusión dos valores europeístas e ao desenvolvemento e potenciación das actividades turísticas e culturais vinculadas co Ano Santo Xacobeo.
A súa sede áchase no Pazo de Vaamonde, na rúa do Vilar nº 59.
No ano 2005 contou cun orzamento de 20 millóns de euros.
Véxase tamén Ligazóns externas Web oficial do Consorcio de Santiago
Categoría:Organizacións de Galicia Categoría:Santiago de Compostela