Martin Landolt, nado o 30 de xuño de 1968 en Näfels, é un político suízo, presidente do Partido Burgués Democrático Suízo.
Traxectoria Landolt realizou a súa formación de empregado de banca no Banco Cantonal de Glarus, mais logo continuou a súa formación nunha escola superior de administración de empresas. Entre novembro de 2010 e outubro de 2013 foi conselleiro político de UBS.Hubert Mooser: «So wie der UBS-Job gestaltet ist, sehe ich keine Konflikte».Martin Landolt befreit die BDP von der UBS.
Landolt entrou en 1998 no Gran Consello de Glarus nas listas da Unión Democrática do Centro. De 2003 até 2008 foi vicepresidente da sección cantonal do partido. O 19 de maio de 2008 anunciou a súa marcha do partido, argüíndo que as ideas liberais xa non encaixaban co partido.«Streit in der Glarner SVP», NZZ online vom 19.«SVP-Präsi hat genug von Blochers Stil », Blick online vom 19. Asumiu entón a presidencia da Fracción Liberal, os disidentes da UDC, no seo do parlamento de Glarus e estivo entre os fundadores do Partido Burgués Democrático Suízo, converténdose en presidente da sección cantonal. O 8 de febreiro de 2009 entrou, nunha elección parcial, no Consello Nacional. O 5 de maio de 2012 substituíu a Hans Grunder como presidente do PBDS.Martin Landolt ist neuer Präsident der BDP bei tagesschau.sf.tv, 5.
Notas
Categoría:Nados en 1968 Categoría:Deputados de Suíza Categoría:Nados no cantón de Glarus