Muhammad: The Messenger of God é un filme épico islámico iraniano dirixido por Majid Majidi. O filme sitúase no século VI e a historia céntrase na infancia do profeta islámico Mahoma. É a produción con maior orzamento do cinema iraniano. Desenvolvemento
O desenvolvemento da película comezou en 2007, e Majidi escribiu o primeiro borrador do guión en 2009. En 2011 construíuse na cidade de Qom un colosal decorado onde se gravou a maior parte do filme, mais algunhas das escenas filmáronse en Suráfrica. Durante a rodaxe, Majdi traballou cun equipo de historiadores e arqueólogos para darlle maior veracidade á época e á infancia de Mahoma.
A estrea do filme ía ser no Festival Internacional de Cinema de Fajr o 1 de febreiro de 2015 mais por mor de dificultades técnicas non se puido proxectar. Realizouse unha proxección especial para críticos, directores e xornalistas o 12 de febreiro de 2015 en Teherán e ao cabo a estrea foi o 27 de agosto de 2015 no Festival Internacional de Cinema de Montreal e nas salas comerciais en Irán.
miniatura|220x220px|A cidade de Qom, onde se filmou a maior parte do filme
Recepción Os críticos cinematográficos iranianos déronlle polo xeral boas críticas ao filme, Nos medios europeos houbo críticas favorables, como a de The Guardian e outras negativas como a de Variety. Pero en sectores relixiosos sunnitas houbo unha crítica moi dura, xa antes da estrea. En febreiro de 2015, a Universidade Al-Azhar pediulle a Irán que prohibise o filme, segundo a universidade banalízase a santidade dos mensaxeiros de Deus.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Irán propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 88ª edición dos Óscar Ligazóns externas Sitio web oficial O filme en IMD
Categoría:Filmes de 2015 Categoría:Filmes de Irán Categoría:Filmes en lingua persa Categoría:Filmes dirixidos por Majid Majidi Categoría:Filmes ambientados en Irán Categoría:Filmes con banda sonora de A. R. Rahman Categoría:Filmes rodados en Irán