O aeroporto de Ámsterdam-Shiphol (IATA: AMS, ICAO: EHAM), en neerlandés Luchthaven Schiphol e en inglés Amsterdam Airport Schiphol (pronuncia [ˈsxɪpɦɔl]) é o maior aeroporto de Holanda e o quinto da Unión Europea por número de viaxeiros, 54 millóns en 2014. Shiphol está situado a 15 km de Ámsterdam e comunicado coa cidade por autoestrada (E19), trens rexionais (baixo o aeroporto está a estación de tren con ligazón coa estación de Amsterdam Centraal), autobuses e taxis. Ten vos directos dende o Aeroporto da Lavacolla.

Schiphol é centro de conexión para KLM e a súa afiliada rexional KLM Cityhopper, ademais de para Corendon Dutch Airlines, Martinair, Transavia e TUI fly Netherlands. O aeroporto tamén serve como centro de conexións europeo para Delta Air Lines e como base para easyJet, Small Planet Airlines e Vueling.

Aeroliñas e destinos Pasaxeiros

Carga

Notas

Categoría:Aeroportos dos Países Baixos