Martin Bäumle, nado o 3 de xuño de 1964 en Thalwil, é un químico atmosférico e político suízo, presidente do Partido Verde Liberal.

Traxectoria Tras rematar química na Escola Politécnica Federal de Zürich, logrou o diploma de estudos avanzados en ciencias da atmosfera. Traballou na medición e análise da contaminación atmosférica, en especial dos hidrocarburos. Entre 2003 e 2007 dirixiu a súa propia empresa, Bäumle Messungen und Beratungen.

Desde 1981 foi membro da asociación Gruppe Energie und Umwelt de Dübendorf e estivo como o seu representante na dirección do Partido Verde do cantón de Zürich. Foi deputado no Gran Consello de Zürich entre 1987 e 1995 e de novo de 1999 a 2004. Foi tamén concelleiro en Dübendorf entre 1990 e 1998, e nese ano entrou no executivo local encargándose do departamento de finanzas. Entre 1998 e 2004 foi o presidente do Partido Verde cantonal. Reelixido no goberno local de Dübendorf en 2006 e 2010.<span class="cite">Walter von Arburg: Martin Bäumle: Velo fahrender Schnelldenker im Anzug.

Entrou no Consello Nacional nas eleccións de 2003. No ano seguinte produciuse unha escisión nos verdes de Zürich, marchando os sectores máis liberais do partido, entre eles Bäumle, que formaron o Partido Verde Liberal de Zürich do que foi un dos copresidentes. Reelixido no Consello Nacional en 2007, estableceuse unha estrutura nacional para o seu partido, que o elixiu como presidente. Nas eleccións de 2012 o seu partido foi un dos grandes vencedores pasando de 3 deputados a 12 e o 5,4% dos votos. Véxase tamén Ligazóns externas Web de Martin Bäumle Perfil de Martin Bäumle na web da Asemblea Federal de Suíza

Notas

Categoría:Nados en 1964 Categoría:Deputados de Suíza Categoría:Nados no cantón de Zürich