Gunrod, Gunrød, Gudrød ou Gunderedo (do nórdico antigo: Guðrǫðr) (m. 970) foi un caudillo viquingo noruegués considerado rei do mar (sækonungr). Posibelmente Gunrod tivese parentesco familiar, primo ou irmán, con Harald II de Noruega.

Traxectoria

Dende as súas bases permanentes no Loira lanzou sanguentas incursións nas costas cantábricas da Península Ibérica con cen naves armadas no 968, asentándose en Galiza durante un ano enteiro. En marzo de 968 Gunrod chegou ás portas de Santiago de Compostela, o bispo Sisnando Menéndez encargouse da defensa e o 29 de marzo de 968 enfrontouse aos viquingos na batalla de Fornelos, foi derrotado e morreu dun frechazo. Os viquingos entraron na cidade sen máis resistencia.

O conde Gonzalo Sánchez rematou coa aventura viquinga no ano 970 lanzando un ataque cun poderoso exército que venceu aos nórdicos en cruenta batalla e tras capturar a Gunrod e os superviventes da súa frota, pasounos a todos a coitelo. Unha resposta tan sanguenta probabelmente debeuse a que no século X se chegou a dicir que, vistos os precedentes de expedicións previas, o viquingo era peor inimigo que o mouro.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Viquingos en Galicia

Categoría:Viquingos Categoría:Finados en 970 Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Historia medieval de Galicia