Sisnando Méndez ou Sisnando Menéndez,Portela e Pallares, 1996, p. 97 máis coñecido como Sisnando II de Iria, finado o 29 de marzo de 968, foi un nobre e bispo galego da Idade Media, que se fixo cargo dos enclaves militares para a defensa da costa galega contra os ataques de piratas viquingos e sarracenos. No ano 968, liderou a defensa de Santiago de Compostela ante os ataques das tropas de Gunrod, falecendo en combate por un frechazo.

Traxectoria Fillo dos condes de Présaras Hermenexildo AloitezPortela e Pallares, 1996, p. 96 e Paterna Gundesindez (fundadores do mosteiro de Santa María de Sobrado dos Monxes),López Sangil, 2001, p. 4 foi bispo de Iria de xeito case ininterrompido entre 951 e 968.Sáez, 1948, p. 6. A diferenza da maior parte da nobreza galega, deu o seu apoio aos nobres casteláns. En novembro do 956 coroou na Catedral de Santiago de Compostela como rei de Galicia a Sancho II, e nos seguintes anos tivo un papel importante na tutela e formación do fillo deste, Ramiro III.

Sobre o ano 960 levantou un castelo sobre o castro de Cedofeita, restaurou as torres da Lanzada (no Grove) e San Sadurniño (en Cambados), que xunto con outros puntos, como o miradoiro de Lobeira, o Facho de Donón (en Cangas de Morrazo) e o campanario de San Cibrán de Cálago (en Vilanova de Arousa), compoñían un sistema de vixilancia e defensa costeira contra ataques tanto por mar coma polo interior.

O bispo Sisnando conseguiu do rei Sancho I o permiso para amurallar a cidade de Compostela, que dotou de novas torres grandes e fosos reforzando a catedral, pero finalmente Sisnando rebelouse contra o rei e foi encarcerado. No seu lugar foi nomeado san Rosendo como bispo de Iria Flavia, pero á morte de Sancho I, Sisnando fuxiu do cárcere e expulsou a san Rosendo pola forza de Compostela. O deposto Rosendo profetizoulle que «Aquel que a espada fere, a espada morrerá»Portela e Pallares, 1996, pp. 96–97 cando foi violentado no seu apousento a noite de Nadal do ano 966.

No ano 968 entran en Galiza os viquingos de Gunrod e aproveitando a desorde avanzan por estes territorios sen apenas resistencia. Nin Ramiro III, que sucedera a Sancho I no trono de León con tan só cinco anos, nin unha parte importante da nobreza galega, que era inimiga de Ramiro III, apoiaron as mulleres rexentes (a súa nai Tareixa e a súa tía Elvira), que non puideron organizar un exército para facer fronte aos escandinavos. Os campesiños fuxiron dos campos e os viquingos cometeron todo tipo de desmandos; o exército de Gunrod arrasou as igrexas de Boente e de Santa Olalla de Curtis, e os seus monxes foron feitos prisioneiros.

En marzo de 968 Gunrod chegou ás portas de Compostela, onde acampou á espera de poder entrar, con promesas que logo non cumpriron, para saquear a cidade. Mais Sisnando II encargárase da súa fortificación e organizou un exército que o 29 de marzo do ano 968 se enfrontou aos viquingos na batalla de Fornelos, parroquia de Rarís. En terras de Teo, o bispo Sisnando púxose á fronte das súas tropas de cabalaría, pero a súa temeridade levouno ao medio do campo de batalla sen maior defensa que o seu valor e morreu dun frechazo inimigo.Portela e Pallares, 1996, p. 98 As súas tropas foron derrotadas e os viquingos entraron en Compostela.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Bispos católicos de Galicia Categoría:Arcebispos e bispos de Compostela - Iria Categoría:Nobres de Galicia do século X