Guillerme é un nome propio masculino galego. A súa orixe é o gótico *wiljia ‘vontade, desexo; pracer, satisfacción’ e *hilms ‘helmo, casco’. Polo tanto pode traducirse como "protector voluntarioso". En galego tamén ten as variantes Guillén ou Guillelme, sendo esta última a forma maioritaria en Galicia na Idade Media.

En xaneiro de 2023 existían 50 varóns en Galicia co nome Guillerme, cunha media de idade de 26,7 anos,Nome Guillerme na Web do Instituto Galego de Estatística 16 co nome Guillén, cunha media de idade de 13,7 anosNome Guillén na Web do Instituto Galego de Estatística e 6 co nome Guillelme, cunha media de idade de 44,1 anos.Nome Guillelme na Web do Instituto Galego de Estatística

Historia do nome Fíxose moi popular en lingua inglesa logo da conquista normanda de 1066, e seguiu séndoo durante toda a Idade Media e na era moderna. O equivalente moderno en alemán é Wilhelm. A súa variante feminina é Guillermina.

O nome está rexistrado na documentación galega dende o século X.

Santoral San Guillerme (Vercelli, 1085 - Goleto, actual Sant'Angelo dei Lombardi, 25 de xuño de 1142), tamén coñecido coma san Guillerme abade, foi un freire fundador de mosteiros e comunidades, entre eles a congregación de Montevergine (Monte Virxe). Venerado como santo pola Igrexa católica, a súa festividade celébrase o 25 de xuño.

Guillerme noutras linguas

Alemán: Wilhelm / Willi / Wim (hip.) Árabe: غييرمو - Gīyermū Aragonés: Guillem / GuillénEDACAR Nº 9 - Antroponimia Aragonesa. Nombres de persona en aragonés. Comisión d'Onomastica de l'Academia de l'Aragonés. ISSN: 1988-8139. Marzo de 2014. Armenio: Գուլիելմոս - Goulielmós Asturiano: Guillermo / Guillelmo Bretón Gwillou / Gwilherm Castelán: Guillermo Catalán: Guillem Checo: Vilém Chinés: 威廉- Wēi Lián, 吉列爾莫 jí liè ěr mò Escocés: Uilleam Eslovaco: Viliam Esloveno: Viljem Esperanto: Vilhelmo Éuscaro: Gillermo / Gillelmo / Gillelm / Gilen / Gilem Francés: Guillaume Frisón: Jelle Friulano: Guilhelm / Guilhem Galés: Gwilym Grego: Γουλιέλμος - Gouliélmos Hebreo: ויליאם - Vylyam Húngaro: Vilmos Inglés: Bill (hip.) / Willie / Will / William Irlandés: Uilliam, Liam Italiano: Guglielmo Latín: Gulielmus Manx: Illiam Neerlandés: Wilm / Willem Occitano: Guilhem Portugués: Guilherme Ruso: Вильгельм - Vil'gel'm Serbio: Вилим / Vilim Sueco: Vilhelm Xaponés: ウィリアム- Uiriamu Yiddish: װ ֶעלװ ֶעל - Velvel

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de nomes masculinos en galego Lista de nomes masculinos galegos máis comúns Ligazóns externas Guía de nomes galegos. Nomes masculinos Real Academia Galega

Categoría:Nomes masculinos de orixe xermánica Categoría:Nomes masculinos galegos