Star Wars é o noveno álbum da banda estadounidense de rock alternativo Wilco, publicado o 16 de xullo de 2015 a través do seu propio selo, dBpm. Foi liberado gratuitamente na rede a través da páxina wilcoworld.net. Unha versión en CD do disco editouse o 21 de agosto e en vinilo o 27 de novembro.
Listaxe de cancións Todos os temas compostos por Jeff Tweedy, agás "You Satellite" co-escrito por Tweedy, Glenn Kotche e Nels Cline, "Taste the Ceiling" por Tweedy e Scott McCaughey, e "Magnetized" por Tweedy e Mikael Jorgensen.
Categoría:Álbums de Wilco Categoría:Álbums musicais de 2015 Categoría:Álbums producidos por Jeff Tweedy