miniatura|270px|Marigot Marigot é a cidade principal e capital da parte Francesa da illa caribeña de San Martiño.

Poboación

En 2006 tiña 5.700 habitantes.

Xeografía Marigot atópase na costa oeste da illa de San Martiño. Esténdese desde a costa cara ao oeste, ao longo da baía de Marigot e os outeiros do interior da illa cara ao leste. No suroeste limita coa Baía Simpson.

Clima Esta área ten unha estación seca pronunciada. De acordo co sistema Clasificación Climática de Köppen, Marigot ten un clima tropical seco, abreviado "Aw" nos mapas climáticos.

Transporte A cidade está servida polo Aeroporto Internacional Princesa Xuliana, así como por L'Espérance Airport. Hai un transbordador a Blowing Point, Anguila.

Historia e características

Orixinalmente era unha vila de pescadores nun pantano que deulle nome, Marigot fíxose capital durante o reinado do rei Lois XVI de Francia, que construíu Fort St. Louis nun outeiro preto de Marigot Bay. Hoxe en día, ese edificio é o máis importante en Marigot.

Marigot é a típica vila do Caribe, con tendas de xenxibre e restaurantes nas beirarrúa. Os días de mercado son todos os mércores e sábados pola mañá, onde se pode atopar de todo, desde cocos, aguacates, patacas doces e unha chea doutras froitas e verduras tropicais, todo tipo de especias e peixe fresco, arte local, artesanía e pintura. En 1998, a escena final de Speed 2 rodouse aquí onde o Seabourn Legend embarranca na illa.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos San Martín, Francia Ligazóns externas Achega Saint Martin Guía Turística www.geographia.com, St Martin

Categoría:Cidades de Francia Categoría:Capitais de América