A rúa de Ferrol é unha rúa coruñesa situada no Ensanche da cidade. Nun dos seus laterais está a praza de Galicia co Pazo de Xustiza.

Historia A rúa de Ferrol deseñouse no plan do Primeiro Ensanche (1885) proxectado por Juan de Ciórraga.

Arquitectura miniatura|esquerda|Chalé Escudero. Na rúa de Ferrol encóntranse algúns edificios destacados, que fan da beirarrúa dos pares unha das máis coñecidas da cidade: Nº 8: edificio modernista de Julio Galán Carvajal (1904). É un edificio de fachada simétrica de 18 metros de fronte, cun patio de nove metros no fondo e tres pequenos patios centrais no centro. A inscrición da fachada indica que se rematou en 1905. Nº 10: edificio modernista de Julio Galán Carvajal (1906). O propietario do terreo, José María Rivera, escolleu este proxecto en lugar do que realizara Ricardo Boán en 1904. Nº 12: edificio modernista de Eduardo Rodríguez-Losada Rebellón (1913). Nº 14: edificio modernista de Antonio Tenreiro e Peregrín Estellés (1926). Nº 16: edificio de estilo ecléctico de Pedro Mariño (1928) reformado con elementos art déco por Santiago Rey Pedreira (1934). Nº 18 ("Chalé Escudero"): edificio de Eduardo Rodríguez-Losada Rebellón (1913), que mestura arquitectura francesa con ornamentacións de estilo vienés.

Na outra beirarrúa atópase un lateral do Pazo de Xustiza, sede do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, obra de Julio Galán Carvajal e Antonio Palacios e a "Casa Balas", edificio racionalista de 1933 de Antonio Tenreiro e Peregrín Estellés, que ten a súa fachada principal na rúa do Arcebispo Lago.

No tramo máis próximo á praza de Lugo atópanse un lateral da igrexa de Santa Lucía e unha das fachadas da Casa Cortés, de Eduardo Rodríguez-Losada Rebellón (1918).

Galería

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Categoría:Rúas da Coruña